VIGO
COGAMI inicia en Vigo curso de auxiliar de servizos
O alumnado procedente de Vigo, Porriño, Mos, Salvaterra e Tui, participa nesta formación que se enmarca dentro programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo
COGAMI inicia un curso de Auxiliar de Servizos que se imparte en Vigo, no que se están a formar 15 persoas.
Este curso é unha das accións que contempla o programa de inserción laboral Máis Emprego que financia Obra Social “la Caixa” en colaboración co Fondo Social Europeo, co fin de acadar a empregabilidade das persoas con certificado de discapacidade ou con incapacidade laboral para a profesión habitual.
Cunha duración de 75 horas lectivas, en horario de mañá, esta formación ten como finalidade facilitar o acceso ao mercado de traballo, tanto se é por primeira vez como para conseguir unha reciclaxe profesional para aquelas persoas que a necesiten.
O alumnado, procedente de Vigo, Porriño, Mos, Salvaterra e Tui, con idades entre os 29 e 60 anos, asiste ás clases presenciais para ás que se lles dota de medios de protección e seguridade ante o COVID-19. Ata o 29 de xullo terán que familiarizarse e asimilar os contidos que se impartirán sobre atención ao cliente, servizos auxiliares ou recepción de chamadas.
Unha vez finalizada esta actividade do programa Máis Emprego, realizarán un seminario complementario no que aprenderán ferramentas e técnicas a empregar para a busca de emprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191