Miércoles, 17 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 15 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
TUI

A Policía Local detivo o sábado a un condutor por agresión a un axente

Amais o domingo incautouse de varias de doses de sustancias estupefacientes nun vehículo

Esta fin de semana a Policía Local de Tui detivo a un condutor por agresión a un axente. Os feitos tiveron lugar o sábado pola tarde cando axentes da Policía Local deron o alto a un varón por conducir de forma errática, o que fixo sospeitar que podería conducir baixo a influencia de bebidas alcohólicas.  Ao realizarlle a proba de alcoholemia cun alcoholímetro indiciario deu unha taxa que cuadriplicaba a taxa legalmente permitida. Por este motivo o acompañaron ás dependencias policiais para sometelo á proba no etilómetro regulamentario. Nese momento o detido negouse a someterse á proba e comezou a agredir a un dos axentes. Por este motivo procederon a súa detención por un presunto delito de atentado contra un axente da autoridade, e investigado por un delito de condución baixo a influencia de bebidas alcohólicas, negándose a someterse ás probas de detección de alcohol.


Amais o domingo a última hora da tarde Policía Local incautouse de varias de doses de sustancias estupefacientes nun vehículo. O condutor foi denunciado administrativamente ao dar positivo na proba de drogas. 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.103

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.