Deportes
O II Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica celebrase o 1 de agosto
O evento Equina Galicia 2020, o cal se celebrará do 31 de xullo ao 2 de agosto na Feira Internacional de Galicia ABANCA, volverá a contar no seu programa co Trofeo Xunta de Galicia-Medio Rural de Doma Clásica.
Tras os bos resultados desta competición o ano pasado, esta segunda edición conta xa cunha maior participación nacional, de fóra de Galicia, a cal podería aumentar ao non estar pechadas aínda as inscricións. Así, a día de hoxe están rexistrados binomios (cabalo e xinete ou amazona) de seis comunidades distintas á galega, como son Cantabria, Castela e León, Madrid, Cataluña, Extremadura e Valencia. Na pasada cita concorreron de catro comunidades, ademais de Galicia.
A proba, na que poden participar todas as razas de cabalos de deporte europeos, rexerase polos criterios da Real Federación Hípica Española e incluirá dende categoría infantil ata nivel olímpico.
Ao igual que o VI Campionato de España Pura Raza Española – ANCCE de Galicia, a proba será emitida a través da web da Asociación Nacional de Criadores de Cabalos de Pura Raza Española (ANCCE).
Este Trofeo, que conta co apoio da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia, ten como obxectivo fomentar a creación de pequenas explotacións de cría de cabalos selectos para o deporte que xeren actividade no medio rural e supoñan un complemento económico, contribuíndo a frear a despoboación.
Copa Accega
Equina Galicia 2020, organizado pola Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA), inclúe no seu programa outra competición centrada na doma clásica. Trátase da XXII Copa Accega, a cal conta igualmente cun bo rexistro de participantes e mantén aínda abertas as inscricións.
Sumaranse a estas competicións o VI Campionato de España Pura Raza Española - ANCCE de Galicia, unha proba morfofuncional que se desenvolverá durante os tres días de Equina Galicia e será o eixo central do evento, e tamén a segunda xornada da Copa Galega de Enganches, organizada pola Federación Galega de Enganches. Ademais, haberá un vistoso espectáculo de carrusel.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163