Sábado, 21 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 16 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
MOS

Mos conta desde hoxe con 12 brigadistas para a extinción de lumes forestais

Os empregados foron recibidos hoxe no Concello polo goberno local

O dispositivo componse de 4 operarios, un xefe de brigada e 7 condutores e estará operativo ata o mes de outubro.

 

Mos dispon xa durante o verán dun dispositivo local de loita contra incendios formado por 12 persoas. As contratacións do persoal foron posibles grazas ao convenio asinado coa Consellería de Medio Rural e estará formado por 4 operarios integrantes dunha brigada forestal, un xefe de operativo e 7 condutores para os vehículos motobomba.

 

O servizo estará operativo ata o mes de outubro para realizar funcións de prevención e defensa forestal, reforzando o xa existente Servizo Municipal de Urxencias e contando en todo momento coa colaboración dos integrantes da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mos.

 

O concelleiro de Medio Ambiente e Urxencias, Leo Costas, destacou a importancia deste dispositivo de loita contra incendios que cualificou de "vital", aínda que tamén incidió en que é preciso "concienciar á cidadanía para reducir desde o primeiro momento o risco dun lume, xa que o monte é patrimonio de todos". Neste sentido insistiu en potenciar a prevención, a vixilancia e disuasión para que os montes mosenses non sexan vítimas dos incendios forestales nun verán que se prevé moi seco.

 

Desde o Concello insisten en transmitirlle á cidadanía a importancia que ten que se manteñan os montes e as leiras limpas de maleza e de especies de árbores prohibidas en devanditas zonas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.