Sábado, 21 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 20 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

A Xunta concede unha axuda para o CIM do Concello de Mos

A Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia ven de concederlle ao Concello de Mos unha subvención para o CIM

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira mosense de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, informaron hoxe de que a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia ven de concederlle ao Concello de Mos unha subvención por importe de 24.206,05 euros, dentro do programa para a promoción da igualdade e a non violencia no municipio durante o ano 2020.

 

O programa de apoio ao Centro de Información á Muller, CIM, de Mos, inclúe a continuidade da prestación dos servizos de apoio e asesoramento xurídico e psicolóxico, e o importe da axuda autonómica concedida ascende a  24.206,05 euros.

 

Esta cantidade irá destinada ao CIM, que conta con un horario de atención psicolóxica todos os luns e mércores, de 09.00 horas a 14.00 horas, e atención xurídica os martes e venres de 09.00 a 14.00 horas e os xoves de 15.30 horas a 20.30 horas; de maneira que o centro estará aberto de luns a venres. O teléfono para pedir cita é o  mesmo que o do departamento municipal de Servicios Sociales, o 986337278

 

O Centro de Información a Muller organiza ademáis proxectos e actividades sobre igualdade e prevención e tratamento da violencia de xénero, campañas de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e violencia contra as mulleres.

 

 

“Xunta e Concello continuamos traballando da mán para deste xeito convertir ao Concello de Mos nun municipio pioneiro en materia de igualdade”, declarau a concelleira.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.