O PORRIÑO
Lorenzo denuncia “cinco anos de abandono das parroquias”
O PP do Porriño volve denunciar o estado de “abandono xeral” das parroquias do municipio e require actuacións urxentes
Os populares denuncian, unha vez máis, “a insostible situación en que se atopan as parroquias do municipio”. “O estado de abandono xeral do rural porriñés está a prexudicar a miles de veciños e veciñas que non ven cubertos en absoluto uns servizos básicos aos que teñen dereito, aseguran os populares”.
![[Img #63911]](https://xornal21.com/upload/images/07_2020/2923_pp-denunica-abandono-parroquias-porrino.jpg)
"Os veciños das parroquias están cansados xa de reclamar os seus dereitos a un goberno que fai oídos xordos ás necesidades de quen tamén son porriñeses", denuncia Alejandro Lorenzo, "En todas e cada unha das parroquias atopámonos cun precario estado dos camiños e estradas, moitos deles sen asfaltar ou reparar e outros con fochancas que co paso dos anos convertéronse en verdadeiras piscinas, falta de limpeza e acondicionamento, deficiencias na iluminación, cunetas e beirarrúas invadidas pola maleza, camiños intransitables por falta mantemento, parques infantís con mobiliario perigoso para os nenos e nenas e cubertos de maleza... un sinfin de xustificadas reclamacións ás que non se dá resposta hai anos".
![[Img #63912]](https://xornal21.com/upload/images/07_2020/8550_pp-denuncia-abandono-porrino-atios.jpg)
A pesar de chover as queixas veciñais, o Goberno Municipal “segue sen querer oír os múltiples requirimentos e actuacións que O Porriño necesita” sinala. "Fai máis de seis meses sorprendíannos convocando a todas as asociacións a unha reunión para que volvesen reclamar o que levan anos reclamando e anunciaban que se establecería `unha folla de ruta para acometer as necesidades demandadas e manter unha canle de interlocución permanente entre o Concello e as parroquias´. A día de hoxe, nin diálogo, nin plan algún de actuación, nin desde logo a máis mínima intervención para dar solución a este grave problema que xeraron cinco anos de total deixamento e abandono", continúa Lorenzo.
“Non só o mantemento brilla pola súa ausencia. Servizos tan esenciais como o saneamento e a rede de sumidoiros seguen estancados e non se traballou en absoluto para avanzar neste sentido”.
"É insostible e inxustificable", conclúe Lorenzo, "Convido os concelleiros do Goberno Municipal a que visiten as parroquias do Porriño e comproben o estado á que as están levando e as condicións ás que someten a miles de porriñeses aos que din representar".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.102