Vigo
Campaña para fomentar a mobilidade en bicicleta ás praias de Vigo
Unha campaña baixo o nome de “VIGO CICLABEL” propón itinerarios ciclistas que permitan achegarse en bicicleta á franxa litoral de Vigo de xeito seguro, ademais de concienciar dos beneficios ecolóxicos deste medio de transporte.
Por iso solicitan ao concello de Vigo implementar unha serie de vías ciclistas seguras para fomentar a mobilidade en bicicleta que conecte a cidade coa franxa litoral, ademais de implementar unha campaña específica a prol da bici para os desprazamentos aos areais de Vigo.
VIGO CICLABEL, conformado polas asociacións A Golpe de Pedal, ConBici, Verdegaia, ADEGA, Greenpeace Ecoloxistas en Acción, Vigo Histórico, Mulleres Bicivisibeis e Fridays for Future lanzamos a campaña “Á praia en bici” co fin de potenciar durante este verán o uso da bicicleta como medio de transporte nos desprazamentos ás praias de Vigo.
Itinerarios ciclistas seguros
Co fin de potenciar os desprazamentos en bicicleta á zona de praia, as devanditas entidades ciclistas e ecoloxistas agrupadas en VIGO CICLABEL solicitan a creación de vías ciclistas seguras conectadas entre si, así como outras medidas destinadas á pacificación do tráfico. Esta campaña complementa á proposta realizada o pasado mes de Biciminuto, un mapa de redes ciclable en toda a cidade para fomentar os desprazamentos diarios en bicicleta.
Deste xeito propoñen crear corredores ciclistas na avenida de Europa, na avenida de Samil e na avenida de Beiramar, dedicando un carril de ida e outro de volta á mobilidade exclusivamente en bicicleta. Ademais solicitamos implementar ciclocarrís na rúa Tomás Alonso, rúa Camilo Veiga, avenida da Atlántida, avenida da Florida, rúa de Tomás Paredes, rúa do Río e rúa de Canido, mediante a redución da velocidade máxima a 30km/h en todos os traxectos, e a colocación de lombos na calzada como medida de pacificación do tráfico rodado a motor.
A súa vez, a campaña aposta por reducir o número de estacionamentos para coches nas principais praias da cidade como medida de disuasión do uso de vehículos a motor, ademais de habilitar puntos de estacionamento de bicicletas ao longo de todas as zonas de praia de Vigo. Esta medida, ademais, actuaría como regulador de afluencia e evitaría a masificación das praias de Vigo durante a “nova normalidade” causada pola emerxencia sanitaria da Covid-19. De xeito complementario, abogan tamén polo aumento da frecuencia do transporte público, outra medida eficaz para reducir o uso de coches para ir á praia.
Por último, as entidades asinantes solicitan ao goberno municipal a realización dunha campaña proactiva que fomente os desprazamentos en bicicleta ás praias de Vigo, así como na mobilidade diaria na cidade.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191