Provincia de Pontevedra
O Grove, Gondomar, Cangas, Bueu e Salceda reciben 700.000 euros da Deputación
A Deputación de Pontevedra ven de aprobar novas achegas aos concellos da provincia destinados á investimentos en equipamentos, emprego e saúde. Deste xeito, a Xunta de Goberno destinará axudas por 600.000 euros para cinco municipios no marco do Plan Concellos 2020, e deu luz verde á contratación por preto de 78.000 euros para o subministro, instalación, a posta en funcionamento e as labores de mantemento de 34 desfibriladores semiautomáticos (DESA) para instalar en espazos municipais de 20 concellos con poboación inferior a 20.000 habitantes.
No que atinxe ao Plan Concellos, case 500.000 euros irán destinados á achegas da Liña 1 de Investimentos para catro concellos. No caso do Grove, recibirá 90.000 euros para realizar á súa aportación ao proxecto “Sanxenxo-O Grove: Polos Turísticos Intelixentes”, presentado pola Mancomunidade do Salnés é seleccionado na convocatoria de Red.Es “para dotar aos concellos de instrumentos tecnolóxicos” con destino á mellora dos servizos turísticos.
Doutra banda, Gondomar recibirá 67.000 euros para a instalación dun skate park, mentres que o concello de Bueu percibirá case 134.ooo euros para o financiamento da rexeneración do entorno da igrexa de Ermelo. E por último, Cangas recibirá preto de 194.000 euros para abordar a actuación de acondicionamento na rúa Singulis e a praciña de Singulis, no casco vello da localidade, que está a sufrir unha grande transformación, maioritariamente con recursos da Deputación. Por último, outros 117.000 euros da Liña 3 de Emprego do plan beneficiarán ao concello de Salceda de Caselas, que poderá contratar con esta achega a 12 traballadores e traballadoras.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44