Redondela
Situación "crítica" das mariscadoras de Redondela
As mariscadoras da Cofradía San Xoán de Redondela están a pasar por unha situación delicada nos últimos tempos, situación que se ve agravada por mor da crise económica derivada do COVID-19.
O pasado mes de xaneiro nomeábase unha nova Xunta directiva que pretendía mellorar a situación crítica que se arrastraba dende algún tempo, pero a chegada da pandemia obligou a realizar un parón na recollida que sumado ao peche da hostelería, produciu unha merma significativa das súas vendas.
As mariscadortas veñen de solicitar unha reunión urxente coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia para tratar a situación delicada da Confradía de pescadores
Dende o Concello de Redondela, calaboraron no reparto de máscaras, así como coa recollida das algas durante o pasado mes de maio, pondo a súa disposición maquinaria e medios técnicos humanos.
Dende o Concello de Redondela explican que van “continuar con esta colaboración, asumindo este tipo de actuacións puntuais”, pero engaden que “precisamos que a Xunta de Galicia, asuma as competencias que lle son propias e colabore coa cofradía e co Concello de Redondela para axudar a estes traballadores nun complicado momento económico”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149