Viernes, 20 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 31 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Trámites ante o Catastro na sede electrónica

Desde o Concello de Mos informan á cidadanía mosense de que a Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra ven de comunicar que a partir de hoxe, todos os cidadáns poderán realizar os seus trámites ante Catastro na Sede electrónica, mediante a verificación de datos do DNI, sen necesidade de dispoñer de Certificado Electrónico ou clave pin. Se teclean http://www.sedecatastro.gob.es no seu navegador, accederán á Sede electrónica do Catastro.

 

TRÁMITES ANTE CATASTRO. Permite a realización de todos os trámites antes catastro, ben usando a clave CSV que se lle facilitou para o efecto (alegacións, atención a requirimentos, cotexo de documentos), ou ben mediante autenticación (declaracións, solicitudes, recursos e escritos xenéricos).

 

EXPEDIENTES EN CATASTRO. Ademais, calquera cidadán pode acceder á información sobre os expedientes dos que é parte interesada, clicando na opción “Expedientes”, ben introducindo un código CSV, ben autenticándose con Certificado electrónico ou Cl@ve.

 

CONSULTA DE INMOBLES. A consulta de inmobles dos que é titular, seguirá requirindo uso de certificado dixital ou Cl@ve.

 

Para máis información ou consulta de dúbidas: Xerencia Territorial do Catastro de Pontevedra. Teléfono 986 86 83 11, e-mail gerencia.pontevedra@catastro.minhafp.es

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.