VIGO
Política Social investiu máis de 354.000 euros nos centros sociais da área de Vigo
Obras de mellora, reparación e equipamento nun total de 15 instalacións públicas que prestan servizos sociais e que foron executadas entre os meses de maio e xuño
A Consellería de Política Social vén de investir máis de 354.000 euros en actuacións de mellora, reparación e equipamento nun total de 15 centros da área territorial de Vigo. Obras que foron executadas entre os meses de maio e xuño en instalacións públicas que prestan distintos servizos sociais.
Desagregadas as partidas, no Centro de Atención a Persoas con Discapacidade (CAPD) de Redondela, no que se reparou a cuberta e a fachada, renovouse a grifería no comedor, reforzouse a detección de fume e adaptouse un baño na pista exterior para mellorar a accesibilidade, o investimento do Goberno galego foi de preto de 40.000 euros. No caso do Complexo Residencial de Atención a Persoas Dependentes de Vigo (CRAPD) as obras consistiron na fabricación e colocación dunha marquesiña para a protección dos residentes na terraza, a colocación do mecanismo que permite a apertura oscilobatente nas ventás e a ampliación do peirao de carga. Actuacións que en conxunto rozan os 50.000 euros.
Asemade realizáronse varios traballos nos centros sociocomunitarios da área territorial de Vigo, concretamente no de Baiona, O Porriño, Redondela e os vigueses de Pi y Margal, Coia, Teis e Bouzas. Entre as melloras, que supuxeron un total de 76.660 euros, destacan o pintado da fachada no CBS de Redondela, a renovación da instalación de fontanería no CBS Bouzas e a adaptación da cafetería como sala de usos múltiples no centro baionés.
No Equipo de Valoración e Orientación (EVO) da rúa Faisán en Vigo a modernización do ascensor e a rehabilitación dos despachos do primeiro andar, así como a súa renovación eléctrica, supuxeron en conxunto un investimento de preto de 36.000 euros.
No caso da Residencia Xuvenil Altamar fixéronse varios traballos de pintado, renováronse as luminarias e o sistema de fontanería e os lavadoiros e instalouse un sistema antiintrusión e un videoporteiro cun custe de preto de 103.000 euros. Outros 15.000 euros destináronse á posta en funcionamento do campo de traballo das Illas Cíes.
Por outra banda, na miniresidencia O Seixo a substitución do depósito de auga quente sanitaria e o vaso de expansión da calefacción, así como o arranxo das deficiencias detectadas na instalación eléctrica supuxeron outros 7.000 euros. Na Casa do Mar Aldán investíronse máis de 5.000 euros entre a cheminea da sala de caldeiras e melloras na instalación da calefacción.
Xa por último, na Residencia de Tempo Libre de Panxón procedeuse á reparación do muro exterior e do sistema de instalación eléctrico, entre outras incidencias, por un importe de preto de 21.500 euros.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.129