GALICIA
A transformación dixital unha aposta para a recuperación do mercado de traballo
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, participou onte en Santiago de Compostela no webinario #Autónomos dixitais e nun encontro virtual sobre empregabilidade dixital
O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, interveu en Santiago no webinario #AutónomosDixitais e mantivo un encontro virtual sobre empregabilidade dixital, dúas videoconferencias nas que destacou que a Xunta está a apostar pola transformación dixital para a reactivación do mercado laboral galego.
Casal sinalou a importancia da transformación dixital nas pemes galegas, así como a utilización das novas tecnoloxías na formación, lembrando que unha cualificación de calidade repercute directamente na creación de emprego. Así, lembrou que a Administración autonómica está a implantar un modelo de formación flexible e dual, no que se combina a cualificación coa contratación, e no que as novas tecnoloxías teñen especial relevancia. Ao respecto, incidiu na importancia da formación on line no novo contexto dixital.
Casal explicou que os principais retos aos que se debe enfrontar o mercado laboral actual, e que están recollidos na nova Axenda de Emprego, son impulsar unha transformación tecnolóxica nas empresas a través da formación, facilitar a convivencia das diferentes formas de traballo –presencial e teletraballo– garantindo a seguridade tecnolóxica, protexer aos grupos de risco sanitario no traballo e mellorar o acceso dos traballadores e usuarios ao servizo de emprego da Administración autonómica.
A nova Axenda de Emprego, aprobada pola Xunta de Galicia o pasado mes de xuño, para a recuperación do emprego de calidade e, en consonancia coas directrices marcadas no Plan de reactivación económica, conta cun orzamento de 196,7M€, prevé mobilizar máis de 225 millóns de euros a través de 30 medidas das que se beneficiarán máis de 65.000 galegos e galegas.
Casal sinalou que o obxectivo prioritario do Goberno galego é a recuperación do emprego de calidade a través da nova Axenda de Emprego, que prevé mobilizar máis de 225 millóns de euros a través de 30 medidas das que se beneficiarán máis de 65.000 galegos e galegas
A Xunta confía con esta planificación en dar resposta ás necesidades dos traballadores, dos autónomos e das empresas galegas a medida que evolucione a situación actual e apoialas para facilitar a transición cara a un novo contexto laboral poscovid-19. Ademais, as iniciativas recollidas na nova Axenda contribuirán a recuperar a confianza do mercado laboral para consolidar a senda do emprego de calidade nunha Galicia competitiva.
Cheque Autónomo
Entre as medidas xa postas en marcha, Casal destacou o Cheque Autónomo, un programa de axudas que xa se pode solicitar. Conta cun orzamento de 16M€ e ofrece financiamento do 100%, ata un límite de 1800 euros, do custo de determinados gastos correntes, como loxística e transporte de envíos (ata 3€ por envío); o pago por estar nunha plataforma de e-commerce local; o pago por licenza de uso de software de venda online; promoción en redes sociais; gastos correntes de seguridade motivados pola covid-19, entre os que se encontran os gastos en máscaras, guantes, desinfectante, limpeza, biombos e asesoramento en prevención de riscos laborais; e os gastos de subministracións e telecomunicacións.
Estas axudas prevén anticipos do 100% e cubrirán os gastos realizados desde a declaración do estado de alarma ata o 31 de decembro deste ano. Con esta iniciativa preténdese favorecer a consolidación dun emprego autónomo estable e de calidade.
O director xeral, para rematar, afirmou que para facer fronte á recuperación económica, ademais de apoiar ás familias, autónomos e pemes nestes momentos de dificultade, hai que seguir avanzando na dixitalización que, sen dúbida, está a permitir a creación de emprego de calidade en Galicia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.136