Viernes, 20 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 27 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Aprazado o festival Demostra 2020

A organización de "DEMOSTRA Festival Cultura Urbana" anuncia o aprazamento da 3ª edición para o ano 2021 debido a e impacto da Covid-19

Tras moitas semanas observando e avaliando o progreso da pandemia e despois das consulta feitas  coas autoridades do Concello de Mos e co Departamento de Xuventude da Xunta de Galicia, a organización de DEMOSTRA decidiu cancelar e aprazar a 3ª edición do festival, prevista para os días 5 e 6 de setembro, para o vindeiro ano 2021.

 

 Debido á situación extraordinaria actual, as limitacións de aforo para o evento xunto a todas as medidas sanitarias, desinfeccións e distanciamento social necesarios, “vemos hoxe máis que nunca como máxima preocupación (e prioridade) garantir a seguridade de visitantes, deportistas, monitores, organización e os corpos de seguridade do Estado” explican.

 

 Aseguran que “sen dúbida a cancelación do festival supón unha mágoa para toda a familia que conforma o DEMOSTRA, pero seguiremos traballando para ofrecer no vindeiro ano todas as novidades e melloras nas que estamos a traballar desde hoxe mesmo para facer de Mos un referente na cultura urbana”.

 

 Tamén quixeron “dar as grazas ó público e ós/as deportistas que mostran o seu apoio incondicional para o noso festival, esperamos a vosa compresión con esta nova situación”.

 

O festival queda aprazado incialmente ata o 2021.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.