Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Jueves, 09 de Abril de 2026 a las 09:43:19 horas

Xornal21.es
Lunes, 27 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

ACiP demanda información pública do estado das fontes

Segundo ACIP, das "cinco fontes públicas analizadas no Centro Urbano, catro dan 'non aptas', e o  Concello dá a calada por resposta".

 

"A falta de información municipal pon en grave risco a saúde dos veciños, pois o Concello non informa públicamente nin coloca carteis informativos nas fontes analizadas que non son aptas para o consumo humano" denuncia o partido da oposición.

 

O Portavoz municipal de ACiP Juan Carlos González Carrera, cualifica a aptitude do Concello de "intolerable e irresponsable, considerando un deixamento grave, que obriga a este grupo a poñer en coñecemento da Consellería de Sanidade novamente o alto risco para a saúde pública dos veciños".

 

"Levamos anos esixindo o control de todas as fontes públicas do Concello. Nun pleno municipal no ano 2015 a proposta de ACiP, aprobouse a realización dun censo de todas as fontes públicas para o seu control, sinalización e realización das analíticas periódicas que a lei obriga" explica.

 

"Pasados cinco anos a situación segue sendo igual. O Concello non realiza case ningunha analítica nas fontes públicas. Segundo datos que manexamos, no  Concello existen oficialmente máis de 100 fontes públicas, aínda que o Concello non sabe contestar cantas hai" asegura.

 

"Das 5 fontes analizadas, Fonte da Fama en San Roque , Fonte de Canedo, Fonte de Rúa Real e Fonte de  Baratillo, as 4 dan como 'NON APTAS' dando só como aptas a fonte Vermun grazas ao traballo dos veciños na súa limpeza e control, pagando moitas veces as analíticas dos seus petos" indican dende ACIP.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.