Jueves, 29 de Enero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 26 de Julio de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Deputación e Universidade de Vigo crean a cátedra de feminismos 4.0

Carmela Silva: “As mulleres temos que tomar conciencia sobre a importancia das carreiras STEM, non podemos perder ese tren”

Coa premisa, tal e como destacou a presidenta Carmela Silva, de “sumar vontades e intelixencias e situar á igualdade como a grande referencia”, a Deputación de Pontevedra e a Universidade de Vigo  veñen de asinar o segundo convenio da Cátedra de Feminismos 4.0.  No acto de sinatura, no que participaron Silva e o reitor Manuel Reigosa, a presidenta avanzou que a cátedra centrarase no estudo “da posición das mulleres nas STEM, no mundo da innovación e da dixitalización, que presenta datos realmente alarmantes que  implican que as mulleres estamos perdendo este tren e temos que tomar conciencia da situación”.

 

“Hoxe agrádame estar aquí, na Sala Rosalía de Castro, cando aínda temos a exposición do 8M, asinando este segundo convenio que propón actividades moi ambiciosas”, destacou Carmela Silva satisfeita tras asinar o convenio coa Universidade de Vigo, “porque as administracións temos que estar cada día máis cerca do coñecemento e o coñecemento radica nas universidades”.   Neste eido, a presidenta provincial aproveitou a ocasión para enxalzar o papel do reitor e da Universidade de Vigo no ámbito da igualdade e do feminismo, recordando a súa recente incorporación á rede de Bibliotecas de Igualdade.

 

 

 

 

Manuel Reigosa: “Temos moitos retos como sociedade, pero a igualdade é o fundamental no século XXI”

 

 

 

 

 

Pola súa banda o reitor Manuel Reigosa destacou que “temos moitos retos como sociedade, pero a igualdade é fundamental no século XXI”.  Ao respecto, o reitor reivindicou a necesidade de que “universidade faga chegar a súa voz” a través da docencia, “con xente que saia das nosas aulas con conciencia de que a sociedade ten que ser feminista”, da investigación e da divulgación. Así, Reigosa destacou que “as tres ramas da universidade –docencia, investigación e divulgación- teñen que estar impregnadas de feminismo e esta cátedra nos vai permitir actuar como altofalante, creando conciencia e coñecemento do camiño que queda por percorrer”.

 

O novo convenio para o desenvolvemento da Cátedra de Feminismos 4.0 inclúe no marco da súa programación, tal e como detallou a presidenta provincial, o segundo workshop virtual “Sociedade dixital e xénero: hackeando o patriarcado”, que terá lugar en outubro con dúas conferencias, unha mesa redonda con catro expertas invitadas e dous obradoiros denominados “Wikimaratón feminista” e “Obradoiro virtual para identificar e combater machitroles. STOP Machitroles”. Tamén se impulsarán axudas á investigación, con bolsas dotadas con ata 6.000 euros para “incentivar a análise en cuestións que teñen que ver coa  igualdade e a nosa posición”; convocaranse os premios GeekGirlsCovid, “moi axeitados neste momento de pandemia”; crearase un comité de sabias, “para que a xente saiba que hai sabias e hai que contar co seu coñecemento”; impulsarase un espazo web da propia cátedra aloxado nos dominios da Universidade de Vigo e da Deputación; así como farase difusión informativa de cuestións de actualidade e da produción científica da cátedra.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.