SALCEDA DE CASELAS
Un veciño de Salceda falece nun accidente laboral no Porriño
Un accidente laboral saldouse esta tarde cun home falecido no concello pontevedrés do Porriño.
Todo ocorreu nunha nave situada na PO-510, en Atios, nunha empresa dedicada ao transporte e para a cal traballaba o operario.
Foi un compañeiro da vítima quen, dez minutos antes das catro horas desta tarde, chamou ao 112 para pedir axuda. No seu relato, moi nervioso, solicitaba asistencia para o compañeiro que acababa de levar un golpe moi forte.
Con estes datos, desde o 112 Galicia pasouse aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 que, aínda que decontado se desprazaron ata o lugar, só puideron confirmar o falecemento do traballador.
Así mesmo, foron informados do suceso os axentes da Garda Civil, da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218