Miércoles, 31 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 02 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra pide habilitar as solicitudes presenciais de corta

Tendo en conta que a maior parte das solicitudes de corta que se tramitan no Concello de Salvaterra de Miño están feitas polos nosos maiores do rural, con todo o que iso conleva, problemas de acceso a redes, carencia de equipos informáticos ou na maior parte dos casos simplemente ausencia dos coñecementos informáticos e de uso de claves e plataformas dixitais.., o paso exclusivo de forma telemática das solicitudes de corta por parte da Consellería  supón un claro prexuízo para o noso Concello, xa que ata o de agora dábaselle a opción a poboación de solicitalos persoalmente no Distrito Forestal en Ponteareas ou os venres no propio Concello.

 

Ante esta situación onde claramente os nosos maiores se senten discriminados e sobre todo o noso rural, o Concello de Salvaterra de Miño solicita que se volva a habilitar as solicitudes presenciais para as tramitacións das cortas e demais tramitacións nos concellos e na propia sede comarcal, convivindo paralelamente os dous mecanismos, o dixital e o presencial con fin de facilitar as tramitacións a toda a poboación e que exista desta maneira un trato igualitario entre os nosos veciños e veciñas.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.