Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 08 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

O III Salón Motor OKasión celebrarase do 4 ao 6 de setembro, con 900 vehículos

MOSTRARÁ UN 80% MÁIS DE COCHES QUE NAS ANTERIORES EDICIÓNS, ENTRE OS QUE HABERÁ QUILÓMETRO CERO, SEMINOVOS E DE OCASIÓN

O Salón Motor Okasión, anteriormente denominado  Outlet  Car Silleda, celebrará a súa terceira edición do 4 ao 6 de setembro. Novamente terá lugar no recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.

 

Organizado por OK Eventos, nesta nova convocatoria medra considerablemente respecto ás dúas primeiras. Así, mostrará 900 coches  seminovos, quilómetro cero e de ocasión, 400 máis que os anos anteriores, o que supón un incremento do 80%. Ademais, pasará de ocupar unicamente o pavillón 1 a sumar a este parte do pavillón 2, ata un total de 20.000 metros cadrados.

 

Participarán trinta empresas de distintos puntos de Galicia, entre oficiais e compravendas  multimarca, o que supón dez máis que o ano pasado.

 

 

 

 

O EVENTO, QUE VOLVE A LEVARSE A CABO NA FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA, SUMARÁ AOS DESCONTOS HABITUAIS PREZOS EXCEPCIONAIS DESTINADOS A LIQUIDAR O STOCK PRODUCIDO POLO PECHE DOS ESTABLECIMENTOS DEBIDO Á CRISE DO COVID-19

 

 

 

 

Aos grandes descontos e condicións especiais que sempre se ofrecen neste tipo de feiras, nesta ocasión sumaranse prezos excepcionais destinados a eliminar o stock producido durante o tempo que os establecementos estiveron pechados debido á crise sanitaria derivada do covid-19. Así, os visitantes poderán escoller entre unha ampla variedade de marcas e modelos con prezos sen precedentes.

 

O custo da entrada será de 3€ por persoa e día, aínda que os menores de 16 anos poderán acceder de forma gratuíta. O horario de apertura da feira será de 10.00 h a 21.00 h os tres días.

 

Espazos amplos, xel e máscara

A organización estableceu un protocolo para garantir a seguridade dos expositores e visitantes fronte ao covid-19. Así, os pavillóns contarán con grandes pasillos, perímetros de seguridade e zonas amplas de circulación para manter a distancia social. Unhas medidas que se ven favorecidas polas grandes dimensións do recinto e os seus pavillóns principais, que nestes momentos permiten celebrar eventos con gran seguridade.

 

Así mesmo, contará con xel  hidroalcohólico nas entradas e saídas, ademais de varios puntos do interior. A máscara será obrigatoria para acceder ao certame.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.44

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.