Viernes, 19 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Martes, 04 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
Tui

Operativo especial da Policía Local para evitar os botellóns

Realizou amais oito propostas de sanción polo non uso de máscara

A Policía Local de Tui desenvolveu esta fin de semana un operativo especial para evitar a celebracións de botellóns. O venres á noite os axentes disolveron varios botellóns en diferentes puntos do centro urbano.  O sábado volveron actuar disuadindo da celebración de botellóns noutros puntos da cidade.


Amais esta fin de semana os axentes realizaron oito propostas de sanción polo non uso de máscara tal e coma establece a normativa, 5 delas o venres pola noite e tres o sábado.


Por outra parte ás 3.43 h da madrugada do  sábado ao domingo denunciouse administrativa á persoa que conducía un vehículo tras dar positivo no control de alcoholemia en 0,58 mg/l en aire expirado.


Tamén na madrugado do sábado ao domingo foron identificadas catro persoas involucradas nunha pelexa, e foron propostas para sanción por alteración da orde pública.


Por último onte domingo, pasadas ás sete da tarde axentes da Policía Local colaboraron con outros corpos de seguridade e sanitarios tras rexistrarse un accidente na Po-304  Tui-Gondomar. Tratouse dunha colisión frontolatera entre un turismo e unha motocicleta. Resultaron feridos de gravidade os ocupantes da motocicleta que foron trasladados a un centro hospitalario de Vigo.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.