Tomiño
Unha vintena de persoas obteñen a licencia de navegación en Goián
A acción formativa, impartida pola Federación Galega de Motonáutica a pasada fin de semana, tivo unha parte teórica e outra práctica, contando cun pantalán e unha embarcación adaptada para as persoas con problemas de mobilidade
Un total de 22 persoas realizaron o pasado sábado, un novo curso para obter ou renovar a licencia de navegación, organizado pola Federación Galega de Motonáutica, coa colaboración da Concellería de Deportes de Tomiño.
Quince persoas fixeron o curso completo (teoría e práctica) e 7 realizaron só a parte práctica, (xa que estaban en posesión da autorización federativa que lles convalida a parte teórica), contando cun pantalán e unha embarcación adaptada para as persoas con problemas de mobilidade.
Algunhas das persoas matriculadas proviñan de distintos concellos da zona, coma O Rosal, A Guarda, Baiona, e Salceda de Caselas, contándose tamén con dúas procedentes de Madrid, pero a maioría eran do propio concello de Tomiño.
Este era o segundo curso organizado no 2020 pola Federación Galega de Motonáutica en Tomiño para a obtención da Licencia de Navegación. Dada a gran demanda existente, se está a pensar en realizar outro a final de agosto ou setembro.
Dende a Federación Galega de Motonáutica explican que a mesma “leva uns años apostando polo Concello de Tomiño para facer actividades náuticas, de feito, neste municipio sempre se celebra una proba do “Campionato Galego Inclusivo – Slalom de Motonáutica”, que este año está prevista para o mes de setembro, e tamén se celebrou o pasado ano un bautismo de motos acuáticas, para persoas con discapacidade ou mobilidade reducida”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40