MOS
Torroso recibe do Concello de Mos 57.000 euros para iniciar o curso musical
Esta mañá celebrouse unha reunión a este respecto na que tamén se aproveitou para asinar os convenios de colaboración coa Escola Municipal de Música e da Banda de Música Xuvenil de Torroso
Representantes do Concello de Mos, da Escola Municipal de Música e da Banda de Música Xuvenil de Torroso reuníronse esta mañá no salón de sesións do Concello de cara á preparación do inicio do vindeiro curso no mes de setembro con todas as medidas de seguridade sanitaria.
A Escola de Música e o Conservatorio Profesional de Torroso abrirán de novo as súas portas ao alumnado adaptándose ás novas e excecionais circunstancias que estamos a vivir. Para elo na xuntanza desta mañá coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Cultura, Sara Cebreiro e o edil mosense da parroquia de Torroso, Alberto Méndez, abordaron as medidas de seguridade que incorporará o novo protocolo educativo que se porá en marcha no Centro Dotacional de Torroso a partir do próximo mes de setembro, co inicio do novo curso.
Pola súa banda os representantes locais Arévalo, Cebreiro e Méndez manifestaron a súa total vontade de colaboración para manter a seguridade sanitaria ante o COVID-19 no municipio, e especialmente nos centros educativos, tal é o caso da Escola Municipal de Música de Mos, sita no Centro Dotacional de Torroso.
Durante o novo curso manterase o protocolo que marca a normativa actual vixente.
Por outra banda a administración local mosense continúa a apoiar a música e por elo, durante a reunión celebrada hoxe no Concello, aproveitouse tamén para asinar sendos convenios de colaboración, que se veñen asinando de xeito periódico anualmente, co Centro Cultural e Recreativo de Torroso para o funcionamento da Escola de Música e coa Banda de Música Xuvenil de Torroso. Ambos convenios foron asinados por Iván Rey Grandal, en calidade de presidente de ambas entidades, e pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
O convenio coa Banda está dotado dunha contía económica de 12.000 euros e o da Escola de Música Municipal recibe unha aportación de 45.000 euros. Polo que Torroso recibe un total de 57.000 euros en concepto de axudas municipais co obxectivo de seguir apoiando á musica, un dos principais elementos identificadores desta parroquia mosense.
Durante a sinatura dos convenios Iván Rey Grandal estivo acompañado polo presidente da Comunidade de Montes de Torroso, Camilo Grandal, e polo vicepresidente do Centro Cultural e Recreativo de Torroso, Rubén García Ferreira.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58