Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 10 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
Ponteareas

Ponteareas volve a ser noticia por problemas de inseguridade

Imaxe do altercado no que resultaban feridos dous axentes / Fotografía ACIPImaxe do altercado no que resultaban feridos dous axentes / Fotografía ACIP

Este pasado venres unha pelexa fixo que os veciños alertasen a unha patrulla da Policía Local, acudindo ao lugar dos feitos un axente e un auxiliar que acababa de incorporarse esta semana.

 

O suceso ocurría de madrugada nunha céntrica rúa la localidade que estaba atestada de xente nas numerosas terrazas existentes.

 

A intervención da única patrulla da Policía Local, dispoñible nese momento para toda Ponteareas, terminaba co axente e o auxiliar de policía lesionados cando tentaba de mediar na pelea, ambos foron agredidos e tiveron que ser axudados por varios veciños.

 

Dende o partido Socialista veñen de emitir un comunicado  no que piden ao concelleiro responsable “un maior control destas zonas de ocio” ao tempo que condenan os feitos.

 

Dende a oposición a viceportavoz de ACiP Raquel Bautista lembra que “ACiP leva varios anos denunciando o desmantelamento da policía local, mais cando o goberno local non pon medidas para frear a marcha de policías locais formados, que se van de Ponteareas ante a crispación que o propio goberno crea, poñendo á fronte a funcionarios a dedo que crean mal ambiente, non podendo crear un corpo efectivo e acorde ás necesidades deste Concello”.

 

Bautista sinala “ como único responsable desta situación ao Sr.Represas, pois mentres está de vacacións, Ponteareas segue igual, sen policía Local e cunha situación que xamais se produciu neste Concello”.

 

Ademáis lembra que “Ponteareas no ano 2010 cando o noso Portavoz Juan Carlos González era responsable da policía Local existían 25 Axentes e oficiais, tendo dúas patrullas as fins de semana realizando controis  disuasorios nas entradas do Pobo e realizando controis diarios, cuestión que agora é imposible realizar, pois unha única patulla de Policía composta por un Policía e auxiliar é como non ter nada, pois o auxiliar é un simple acompañante do axente. Na actualidade só hai 7 e tres en prácticas, por algo será”.

 

Pola súa parte dende o goberno local non emitiron ningún comunicado valorando os feitos acontecidos.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.