O PORRIÑO
Mais Porriño califica de “erro” as multas ós transportistas
Esixen unha rectificación por parte do Concello do Porriño e aseguran que se trata dun "terreo privado"
Desde Mais Porriño veñen de emitir un comunicado no que esixen ao Concello do Porriño que "rectifique o erro de sancionar os transportistas que foron sancionados días atrás, xa que no lugar no que foron sancionados e un lugar habitual de parada de estos profesionais desde fai moitos anos, e ademais é un terreno privado"
"Entendemos que si existiu de verdade algunha queixa veciñal o asunto se resolve notificando os profesionais que non deben de aparcar no terreo, e esixindo a propiedade o peche do lugar é, en todo caso, con colocación de sinais indicativas o respecto, e un tempo de carência sancionadora con actividade informativa desde o concello" sinalan.
Explican que "enviar os axentes de madrugada, de forma casi furtiva, parece-nos un acto cuasi mafioso, a policía local debe estar para axudar, para facer cumplir as normas, pero desde a colaboración con os cidadáns, e non contra eles, ainda mais mestos tempos de crise, que necesitamos atraer visitantes, (turistas de ocio pero tamén profesionais), e non espantalos".
"Entendemos que facer as cousas ben da seu traballo, e máis fácil sancionar as escondidas, pero tamén entendemos que facer as cousas ben é o que esixen, e deben esixir, os cidadáns dos seus gobernantes, en este caso do equipo de goberno do concello do Porriño" conclúen dende Máis Porriño.
O Concelleiro de tráfico xustifica as multas polas "chamadas dos veciños"
Pola súa aprte o concelleiro de Tráfico, Sergio Casal explicou que as multas a 25 camións formuladas pola Policía Local na noite do luns 3 ao martes 4, na zona das Sequeiras, "responde ás repetidas queixas veciñais”.
Na noite do pasado luns 3, o concelleiro asegura que recibiu "diversas chamadas de veciños da zona protestando pola acumulación de camións aparcados". Sergio Casal solicitou a Policía Local que intervira o que desencadeou as 25 multas que sumarían un importe duns 5.000 euros recadados polo Concello do Porriño nesta noite.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126