Miércoles, 31 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 13 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
Salvaterra de Miño

Salvaterra cancela a programación do Verán Cultural e da Festa do Viño

Foi por mor dos recentes rebrotes da covid-19

[Img #64267]O Grupo de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño ven de reunirse ao longo de toda mañá de hoxe na procura dunha solución urxente para tratar as novas noticias que chegan dende a Consellería de Sanidade, informando a situación de un rebrote de coronavirus no Concello. Si ben é certo que ao día de hoxe ese rebrote pertence a tres membros dunha mesa familia, tamén é certo que non temos coñecemento da movilidade, lugar e forma de contaxio dos mesmos. 

 

Por tal motivo e logo de que a Alcaldesa se puxera en contacto a primeira hora do día cos voceiros dos grupos da Oposición, O Concello de Salvaterra tomou a decisión de SUSPENDER toda aprogramación referente ao Verán Cultural, así como a Festa do Viño na súa totalidade. O descoñecemento da evolución de posibles rebrotes que aumentan considerablemente nas cidades máis próximas, fai que a coherencia e a seguridade dos veciños e veciñas impere sobre todas as cousas. 

 

Dende o Concello se levan tomado unha serie de medidas de gran esforzo conxunto que non se poden por en perigo de ningún xeito, sendo a seguridade , a prevención e especialmente a anticipación a línea tomada dende o primeiro momento e que terá continuación ata que as indicacións dos distintos organismos de saúde mostren confianza e certeza para os nosos veciños e veciñas. É de vital importancia neste escenario de rebrotes do que xa fomos advertidos que teñamos a máxima precaución e responsabilidade tanto individual como colectiva, polo que dende o Concello non queremos arriscar o máis mínimo para conter os novos posibles rebrotes e por fin o antes posible a esta Pandemia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.