Viernes, 30 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 13 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Xunta adxudica o contrato de vixilancia das presas de Eiras, Baiona e O Con

Este servizo foi adxudicado por un importe de máis de 200.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, vén de adxudicar o servizo de vixilancia das presas de Eiras, Baiona e Con, cun investimento de máis de 200.000 euros.

 

Este contrato, cunha vixencia de dous anos, foi adxudicado á empresa Ingeniería de Instrumentación y Control, SA. O citado servizo enmárcase no mantemento que a Xunta vén realizando nas presas da súa titularidade.

 

As presas de Eiras, Baiona e Con, destinadas ao abastecemento de auga potable das áreas  de Vigo, Baiona e Vilagarcía de Arousa, respectivamente, son de titularidade autonómica.

 

 

 

 

As presas, destinadas ao abastecemento de auga potable das áreas de Vigo, Baiona e Vilagarcía de Arousa, son de titularidade autonómica

 

 

 

 

Os datos obtidos na vixilancia das presas permiten facer o seguimento da súa evolución, detectar anomalías no seu comportamento e, no seu caso, poder establecer as actuacións preventivas e correctoras para manter as infraestruturas hidráulicas en bo estado.

 

Os traballos obxecto do contrato incluirán a realización para cada presa dun plan detallado de toma de lecturas en instrumentos de auscultación e en aforadores dos caudais evacuados pola rede de drenaxe.

 

O contrato tamén contempla a análise periódica das lecturas obtidas na auscultación e na inspección dos encoros, que será remitida a Augas de Galicia, así como as visitas e supervisións rutineiras ás presas e ás súas instalacións.

 

A empresa adxudicataria tamén deberá levar a cabo a redacción dun informe final anual recompilando as medicións efectuadas, analizando e comparando os datos obtidos e concluíndo o comportamento e o estado da seguridade da presa. Esta información tamén será trasladada á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.