Jueves, 12 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 13 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
SALCEDA DE CASELAS

O Concello de Salceda pide reforzar a atención telefónica no centro de saúde

Nas últimas semanas dende o Concello de Salceda aseguran ter recibido "queixas dos veciños e veciñas do noso municipio pola dificultade que se está a producir para recibir atención no centro de saúde. Lévanse producido situacións de ter realizado máis de 15 chamadas ao centro de saúde sen que ninguén responda, e cando o veciño ou veciña ante esta situación se achega ata o edificio para conseguir unha cita tampouco lle dan esa opción, comunicándolles que as citas tan só se poden dar a través de chamada telefónica. Isto estase a producir tamén naqueles casos en que o/a paciente sae dunha consulta presencial e se achega ao mostrador para pedir unha cita, negándoselle esa cita e obrigando á persoa a chamar por teléfono para solicitala, chamada que logo, como vimos de expoñer, non se responde".

 

A isto súmase, segundo a nota difundida polo Concello de Salceda, "que as persoas que por fin conseguen que lles establezan unha cita se atopan con que a primeira cita se está a dar con máis de 15 días de retraso, o que perde todo sentido cando estamos a falar de atención primaria. Como consecuencia desta situación son moitos os veciños e veciñas que acoden ao servizo de urxencias do PAC do Porriño ou que se presentan directamente no Hospital Álvaro Cunqueiro, co consecuente colapso dos servizos de urxencias en cuestións que a priori dependen da atención primaria".

 

Ante esta situación son numerosas as reclamacións trasladadas a este Concello. A Alcaldesa considera "especialmente grave e moi preocupante que nun momento de pandemia como o que estamos a vivir neste momento resulte practicamente imposible acceder á atención primaria, que debería estar máis cerca que nunca da veciñanza".

 

Por todo pide "tomen medidas para corrixir a situación moi deficitaria que se está a dar no servizo de atención primaria no Concello de Salceda de Caselas, co reforzo de persoal administrativo e de liñas telefónicas, de xeito que se garanta unha correcta atención á nosa veciñanza".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.