Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Domingo, 16 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
Ponteareas

"Un ano mais abandono na Freixa" denuncia Villar

Compartimos o malestar dos veciños polo risco sanitario que producen a acumulación de follas e restos orgánicos

O PP de Ponteareas comparte o malestar que denuncian os veciños pola suciedade da auga na propia Praia fluvial de A Freixa derivada da acumulación de restos de follas e polvo que se producen pola colocación dunha corchera ano tras ano.

 

O PP lamenta o estado de deterioración no que se atopa A Freixa. “É unha pena que unha praia fluvial como a que temos en Ponteareas e que é unha alternativa fantástica ás praias de Vigo, atópese nese estado de abandono total por parte deste Goberno municipal”, explicou Villar.

 

 

 

 

A paisaxe da que debería ser unha preciosa praia fluvial está convertida nun “estercoleiro”

 

 

 

 

“Estamos no verán do ano 2020 e a situación non cambiou, é a mesma que houbo no verán do 2019, e na do 2018. Son moitos os usuarios que se queixan da falta de mantemento, presentando escritos no Concello que non son contestados”.

 

A situación actual do río coa acumulación de follas, os restos orgánicos, a pouca corrente existente, a calor e a propia barreira de boias, non deixa circular a auga e leva á putrefacción en superficie, o que imposibilita o baño e co risco sanitario que supón. De feito o PP asegura que debido a este mal estado non é a primeira vez que aparecen troitas mortas.

 

Belén Villar urxe ao alcalde Represas, sempre tan preocupado polo Medio Ambiente cando estaba na oposición, a que poña remedio a esta situación. "É inexplicable que A Freixa atópese neste estado de abandono. Un lugar que debería ser pontenciado para o ben do noso turismo e para o propio lecer dos nosos veciños".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.