REDONDELA
O Concello traslada á Educación a preocupación das sobre o inicio do curso
A alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros reuníronse en Pontevedra co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares
Trasladar a enorme preocupación tanto das familias de Redondela coma das ANPAS ante o inicio dun curso escolar cun protocolo que presenta "serias dúbidas", foi un dos obxectivos da reunión que no día de onte mantiveron, en Pontevedra, a alcaldesa Digna Rivas e a concelleira de Ensino, Olga García Ballesteros co xefe territorial de Educación, César Pérez Ares.
A Xunta, segundo aseguran nun comunicado de prensa emitido polo Concello de Redondela , “non prevé ningún tipo de flexibilización sobre as medidas xa anunciadas que son postas en entredito por toda a comunidade escolar”, apunto a alcaldesa Digna Rivas.
Así, tal e como se lles explicou, a Consellería optar por facer “burbullas de 25 nenos e nenas que só teñan contacto entre eles pero con ninguén máis do centro escolar e sempre tentando manter a distancia de seguridade”, explica a concelleira Olga García.
A mesma medida de non 'mesturar' alumnos de diversos grupos, tamén sería aplicable ao comedor escolar e zonas comúns. No que ás actividades extraescolares fai referencia, “realizaranse aquelas actividade de grupo na que non haxa contacto directo entre o alumnado e priorizando as realizadas de modo telemático”.
Considera a Xunta de Galicia que as medidas a tomar son esas aínda que si contempla, como lle adiantou López Ares ás representantes municipais “partidas específicas para os centros escolares destinadas a afrontar a COVID-19”.
En cambio, non se considera en ningún caso unha liña de axudas para os concellos que veranse obrigados a realizar tres desinfeccións diarias nos centros escolares cando, antes da pandemia, facíase unha. Esta medida, explica a alcaldesa Digna Rivas, “supón un enorme sobreesforzo económico xa que o custo anual de limpeza de centros escolares triplícase”.
En todo caso, o Concello de Redondela solicitou unha reunión “urxente” coa conselleira de Educación, Carmen Pomar, para tratar estes temas “que espertan unha enorme preocupación entre a veciñanza porque se está a falar da saúde e seguridade dos nosos nenos e nenas”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149