Martes, 31 de Marzo de 2026

Actualizada Lunes, 30 de Marzo de 2026 a las 22:30:58 horas

Xornal21.es
Sábado, 15 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
TOMIÑO

Tomiño participa nun proxecto para a formación en valores, a través da música

O proxecto “Play2 Grow!” pretende incentivar o respecto, a creatividade, a comunicación e o traballo en equipo, intercambiando experiencias e boas prácticas entre a Escola de Música de Goián e a Escola de Rock de Paredes de Coura

“Play2 Grow!” é o nome que agrupa aos Concellos de Paredes de Coura e Tomiño, e ás respectivas Escola de Rock e Escola de Música de Goián, coa Fondazione Maria Ida Viglino per la Cultura Musicale de Aosta (Italia), nun proxecto Erasmus que pretende xerar un conxunto de actividades formativas, que permitan a mozos e mozas adquirir unha serie de valores e habilidades a través da música.  

 

[Img #64327]O proxecto, iniciado a finais de 2019, desenvolverá unha serie de recursos de formación innovadores dirixidos a traballadores xuvenís e  formadores de escolas de música, para que poidan mellorar a provisión de habilidades e valores chave como o respecto, a creatividade, a comunicación ou o traballo en equipo nas súas respectivas aulas.

 

O desenvolvemento da iniciativa, previsto ata o verán de 2021, irá proporcionando achegas en canto a metodoloxía e formación curricular, e unha ferramenta de intercambio de coñecementos colaborativos para a aprendizaxe dinámica e a interacción en habilidades chave a través da música: Play2 Grow HUB.

 

Toda a información está dispoñible en: https://play2grow.eu e as canles do proxecto en Youtube, Facebook e Instagram. En https://play2grow.eu/project-outputs están xa publicadas algunhas das boas prácticas identificada ata agora, entre as que se inclúen os campamentos e concertos didácticos da Escola de Música de Goián e a súa práctica solidaria de intercambio de instrumentos musicais.


Antecedentes:
En decembro de 2019, celebrouse en Paredes de Coura a primeira xuntanza dos socios. Foi unha reunión moi produtiva na cal as 5 entidades representadas no proxecto, tiveron a ocasión para coñecerse e compartir as súas ideas do proxecto.


Ademais, tiveron a oportunidade de visitar Escola de Rock de Paredes de Coura (unha residencia curta que tiña lugar aquela semana), e coñecer os aspectos principais desta interesante iniciativa con mozos e mozas, a cal de feito foi a semente do proxecto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.