Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Xornal21.es
Martes, 25 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
REDONDELA

O PP lamenta la tala de árbores da rúa Redondela

Os populares cren que facela dun sentido único conxestionará a zona do parque de As Pombas

O Grupo Municipal do PP lamenta a falta de planificación e consenso do bipartito local que está a remodelar a Rúa Redondela sen ter en conta as necesidades e peticións dos residentes nesta zona.

 

“A humanización elimina case todo o aparcamento, sen xerar novas prazas nesa contorna. Ademais, modifícase o dobre sentido e déixase o vial cunha única dirección. Non se tivo en conta nin unha soa petición veciñal, consenso cero”, explican os populares.

 

Os populares denuncian que actualmente só poden circular polo vial os residentes que poidan demostralo. “Esta decisión carrexa graves prexuízos económicos ás persoas que teñen negocios e hostalería na Rúa Redondela, motivo polo cal presentamos un rogo ao alcalde instando a que levante o veto de circulación”.

 

 

 

 

Villar solicitou ao alcalde que non limite a circulación só a residentes xa que os hostaleiros e negocios da zona están a verse gravemente prexudicados

 

 

 

 

O PP considera que a eliminación do dobre sentido obriga aos vehículos pesados e non pesados a desviarse pola contorna do parque de As Pombas, decisión que consideran un grave erro os populares. “Están todo o día falando dunha convivencia na que prevalecer ao peón, onde non exista circulación de vehículos. Agora cárganse a zona do parque de As Pombas con esta decisión, derivando alí todo o tráfico. A seguridade viaria nesta zona queda en dúbida”.

 

Por outra banda, os populares únense ás reivindicacións de Adenco, que denunciaron o arboricidio levado a cabo polo bipartito nesta rúa. “Os mesmos que hai uns anos declarábanse defensores do planeta, incluso algún edil do Goberno actual pertenceu a asociacións de índole ecoloxista, ordenan a talla masiva de todas as especies que estaban na rúa Redondela. É todo un despropósito”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.