DEPORTES
Barros faise un oco entre os dez mellores na contra o reloxo sub23 do Campionato de España de Jaén
A Selección de Galicia comezou o Campionato de España de estrada en Jaén contando cun representante entre os dez mellores da contra o reloxo individual (CRI) sub-23 celebrada este venres. Adrián Barros asinou o oitavo posto, quedando a 38 segundos da medalla de bronce no esixente percorrido de 26,3 quilómetros con saída en Cazorla e chegada en La Iruela. A actuación do combinado autonómico completouse coa 22ª praza obtida por Iván Feijoo.
Por segundo ano consecutivo, o vigués Barros logrou un top-10 na gran cita do ciclismo estatal. Despois de rematar sexto na proba en liña do 2019, nesta ocasión o corredor do Supermercados Froiz estreouse nunha crono do Campionato de España. Barros foi o penúltimo participante en tomar a saída e na liña de meta marcou un tempo de 40 minutos e 19 segundos, concluíndo a 1:29 do gañador Raúl García (Comunidad de Madrid).
“Esperaba algo máis, pero este resultado non está nada mal tendo en conta que era a miña primeira contra o reloxo. No plano atopeime un pouco peor e durminme un pouco ao non ter referencias, pero na subida apertei con todo o que tiña e puiden remontar bastante”, sinalou Barros.
O percorrido polas estradas xienenses tiña dúas partes ben diferenciadas. Comezaba cun terreo chairo e a partir do km 11 sucedíanse as subidas curtas ata a ascensión final en La Iruela. “Era moi duro”, explicou o ciclista vigués, “iso a min benefíciame, aínda que se me fixeron moi ‘pelotas’ os últimos 500 metros”. Con sensacións similares ás do seu compañeiro de selección terminou Feijoo, que cedeu 3:30 respecto ao vencedor.
A continuación da competición sub23 disputouse a crono Elite UCI-Elite masculina con Gustavo César Veloso (W52-FC Porto) conseguindo a décima posición. O vilagarcián clasificouse xusto por diante de Alejandro Marque (Atum General), mentres que Ángel Sánchez (Miranda) ocupou a 18ª praza e Martín Bouzas (Kern Pharma), a 23ª. En canto á CRI Elite-Sub23 feminina, Sonia Pariente (Máster da Louriña) foi a mellor entre as galegas (26ª), superando a súa compañeira de equipo Uxía Fernández (27ª).
Proba en liña
Os ciclistas sub23 masculinos regresarán a escena este sábado pola tarde para disputar a proba en liña. Feijoo e Barros volverán poñerse o dorsal tendo como compañeiros no ‘oito’ da Selección de Galicia confeccionado por Guillermo Sande a Abel Franco, Guillermo García, Aarón Mariño, Jose Carlos Amil, Iñigo Rodríguez e Guillermo Mallo.
Ás 16:30 horas darase o bandeirazo de saída aos 159 km que comezarán en Úbeda e rematarán en Baeza. O título estatal xogarase nas seis voltas a un circuíto no que os corredores acumularán 3.000 metros de desnivel nas súas pernas. “Espero estar disputando cos mellores. Confío en que a carreira se faga dura e vaia caendo xente acusando a calor e o percorrido”, comenta Barros.
O día empezará coa carreira de fondo en estrada Elite-Sub23 feminina (09:30). Pola súa banda, a Elite UCI-Elite masculina queda para o domingo (09:00).

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163