TURISMO
A escavación nos Conventos, Vilachá, remata con máis información sobre as orixes da Ribeira Sacra
Entre os achados destacan unha pedra funeraria inscrita altomedieval, unha lousa gravada cun crismón e unha punta de lanza
A segunda campaña arqueolóxica en Vilachá de Salvadur, concello da Pobra do Brollón, rematou este mes despois de tres semanas de traballo para esclarecer o xacemento de Os Conventos, situado nun esporón no Val do Frade, ribeira do Sil.
A intervención desenvólvese grazas á financiación da Consellería de Cultura e Turismo a través da Dirección Xeral de Patrimonio, en colaboración co Concello da Pobra do Brollón e a Asociación Veciñal de Vilacháde Salvadur, no marco do proxecto Adegas da Memoria.
As dúas grandes preguntas da escavación eran, por unha banda, saber se había máis enterramentos no lugar, ademais do atopado na anterior campaña en maio de 2019, e pola outra banda, entender mellor os límites e estrutura do xacemento, onde supostamente construíuse o Mosteiro de San Martiño de Piñeira.
Confírmase o carácter sagrado de Os Conventos
A intervención comezou con moi bo pé ao atopar nos traballos de limpeza previos á escavación un achado espectacular: unha pedra inscrita en latín vulgar do período altomedieval. Tras consultar con expertos en epigrafía, a hipótese máis secundada é que se trata dunha pedra funeraria que luce a expresión famulus dei, ‘servidor de deus’, unha fórmula prototípica de enterramento.
A pedra, reutilizada nun muro perimetral do xacemento, encaixa á perfección coa hipótese do equipo que sitúa a orixe dos Conventos nun primitivo eremitorio en torno ao século X, que daría paso posteriormente ao Mosteiro de San Martiño de Piñeira.
Outro achado importante na constatación do carácter sacro deste espazo dende os seus inicios foi unha pequena lousa gravada cun crismón – un monograma coas dúas primeiras letras da verba Cristo en grego. Estas lousas con crismóns son tipicamente usadas na meseta norte na época visigoda, polo que o achado remítenos aos primeiros momentos de Os Conventos.
Do século X datan os ósos humanos atopados na campaña anterior, ao carón do cal, atopouse este ano o que parece ser un sartego escavado na rocha. Tamén cerca, o equipo descubriu unha pequena estrutura tipo cista cun depósito intencional composto por ósos de animal, cerámica, seixo e tamén carbóns, o que permitirá a súa datación por carbono 14.
A campaña desenvolveuse grazas a un acordo entre o Concello da Pobra do Brollón, a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Asociación de Veciños de Vilachá
“Aínda que quedamos pendentes das datacións por Carbono 14, polo contexto arqueolóxico podemos deducir que estes achados lévannos directamente ás orixes de Os Conventos, a un período escuro altomedieval no que aínda se mesturan costumes cristiás con rituais pagáns” comenta o arqueólogo director Xurxo Ayán.
De centro relixioso a centro vinícola
A documentación histórica recolle a ocupación posterior do mosteiro de San Martiño de Piñeira pola Orde do Císter, momento no que o lugar pasa a ser unha ‘granxa’ para a produción vinícola.
A escavación confirma esta ocupación co desenterramento dun gran volume de cerámica que data dos séculos XII e XIII, ademais de restos metálicos como unha punta de lanza, coitelos e chaves.
‘Son indicios dun sistema feudal no que Os Conventos tiña o control do val para orientalo á produción vinícola para beneficio económico do Císter, co consecuente conflito social’ detalla Ayán.
Un xacemento que concentra a historia da Ribeira Sacra
Ademais dos materiais desenterrados, a nivel arquitectónico o equipo localizou a entrada da edificación orixinal, facilitando así a comprensión da estrutura orixinal do mosteiro.
A escavación da entrada revelou unha enorme acumulación intencional de pedras procedentes dun derrubamento e que se relaciona con usos agrícolas posteriores: clarear a área chá dos Conventos e acumular a pedra para reutilizala noutras estruturas. Mesturado co material construtivo apareceron obxectos como bisagras ou cravos, que indican o desmantelamento dun gran edificio.
‘O que está claro é que o esporón no que está Os Conventos era de gran atractivo que motivou a súa ocupación e reocupación múltiples veces. Aquí houbo un inxente traballo para crear unha superficie chá que permitise construír sobre a rocha. Un traballo que se respectou na idade moderna, conservando así un xacemento que fala das orixes e evolución da vida na Ribeira Sacra’, conclúe Xurxo Ayán.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217