SALCEDA DE CASELAS
40 mulleres recibirán atención especializada en Salceda
A Alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, acompañada da técnica de igualdade Irene Ojo, e da consultora Laura Seara, presentou o Programa de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero de Salceda, con actividades enmarcadas dentro do II Plan de igualdade municipal, que nos vindeiros dous meses realizará numerosos talleres iniciativas e que atenderán a 40 mulleres salcedenses. O programa está elaborado dende a perspectiva de xénero e adaptado á realidade vivida por mor da pandemia da COVID 19.
O programa, que conta con orzamento de 8.000 €, nace da colaboración entre institucións, neste caso, entre o Concello, a Xunta de Galicia e a Unión Europea, e ten no foco a todas as mulleres, fundamentalmente ás máis vulnerables: vítimas de violencia de xénero, discapacitadas, maiores, desempregadas, migrantes, fogares monomarentais, etc.
Así pois, porase en marcha un Servizo Municipal de Atención Integral de Asesoramento Psicolóxico, Laboral, Social e Xurídico a mulleres en situación de especial vulnerabilidade, que se prestará a demanda, e que as mulleres que o precisen poden solicitar a través do mail mulleres@salcedadecaselas.gal, que dará resposta á súa solicitude nun prazo máximo de 24 horas. A atención, a cargo de dúas avogadas, unha psicóloga e unha experta en atención social integral, poderá ofrecerse tanto de xeito presencial como telemático, para que cada muller poida escoller a forma que mellor satisfaga as súas necesidades.
O servizo de asesoramento compleméntase coa posta en marcha de cinco talleres e a correspondente creación de itinerarios de inserción e valorización de competencias que cada muller demande, así como a celebración de dous encontros con tódalas mulleres participantes para a posta en común das súas experiencias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218