SALVATERRA DE MIÑO
Educación reformará os talleres do IES de Salvaterra de Miño
As obras compatibilizaranse co inicio do curso escolar "baixo as máximas medidas de seguridade"
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de publicar na plataforma Contratos de Galicia a adxudicación da obra de ampliación dos talleres do IES de Salvaterra de Miño, por importe de 528.891 €. As obras compatibilizaranse co inicio do curso escolar, sempre baixo as máximas medidas de seguridade. Os traballos teñen un prazo de execución de 9 meses.
A actuación ten como finalidade atender as necesidades de espazo dos ciclos da familia de Madeira, moble e cortiza, mediante a ampliación do espazo de talleres do instituto. Para iso empregaranse 244,67 m² da planta inferior do actual ximnasio, agora mesmo infrautilizado, para destinalo a taller de carpintería.
Para poder aproveitar de xeito satisfactorio este espazo ampliarase a súa altura mediante o recalce da cimentación dos muros perimetrais e a substitución de piares por vigas metálicas.
Dotarase tamén dun acceso á zona de vestiarios, tamén situada na planta inferior do ximnasio, cun vestíbulo de separación.
Ao novo taller de carpintaría abriránselle fiestras na fachada cara á pista deportiva, co fin de permitir a entrada de luz natural, así como un portón que facilite a carga e descarga desde vehículos dos materiais necesarios. A entrada será, ademais, accesible mediante a construción dunha rampla tanto para vehículos como para peóns. O taller estará dotado, así mesmo, dun almacén anexo polo exterior de 16,12 m².
A actuación inclúen tamén a reforma da pavimentación exterior, así como a mellora do sistema de protección contra raios do IES de Salvaterra de Miño.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217