Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 27 de Agosto de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Socialistas da provincia esixe da Xunta compensacións polos gastos da Covid19

O colectivo de alcaldes/as e tenentes de alcalde/sa da provincia pontevedresa advirte de que as arcas municipais están nunha “situación extrema” diante do abuso de poder dun Goberno galego que “fai folga das súas competencias”

O PSdeG-PSOEda provincia de Pontevedra, representado polos alcaldes e alcaldesas e tenentes de alcalde e alcaldesa, acordou esixir da Xunta de Galicia un financiamento xusto e inmediato que cubra os gastos que están a asumir na prestación de servizos que son de estrita competencia autonómica, entre os que destaca, polo seu elevado custo, a limpeza e desinfección extraordinaria dos colexios diante do escenario aberto polo inminente comezo do curso escolar en plena pandemia por covid-19. Así quedou decidido nunha xuntanza telemática presidida polo secretario xeral provincial, David Regades, e na que tamén participaron os presidentes das federacións de municipios e provincias de España e Galicia, Abel Caballero e Alberto Varela, ademais da presidenta da Deputación, Carmela Silva.


A asemblea local socialista pontevedresa considera que os concellos están a piques de entrar nunha “situación extrema” por mor do abuso de poder dunha Xunta de Galicia que non ten parangón noutra comunidade autónoma en España. “Unha Xunta que fai folga das súas competencias e bota balóns fóra en dirección aos concellos”, expresouse. En palabras dalgúns dos participantes “xa non é posible seguir estirando os Orzamentos municipais sabendo que logo a Xunta non vai cubrir nada, porque iso significaría ter que deixar de prestar servizos municipais básicos”.


Durante a xuntanza acordouse reclamar o reparto inmediato dos 100 millóns que a Xunta vai recibir do Estado para cubrir gastos educativos e que, a día de hoxe, “seguimos sen saber como van gastar”. A maiores do reparto dos 20 millóns de euros que a Xunta xa recibiu no marco do Fondo Social Extraordinario aprobado polo Goberno de España o pasado mes de marzo e que outras comunidades como Andalucía, Madrid, Castela-León ou Valencia entregaron proporcionalmente aos municipios.

 

 

 

 

David Regades: “Os concellos están exhaustos e non poden seguir facendo e pagando todo que a Xunta non fai”. “Neste momento tan delicado, cooperar cos concellos é cooperar coas galegas e galegos”

 

 

 


O secretario xeral provincial, David Regades manifestou que os concellos da provincia están exhaustos e non poden seguir facendo e pagando todo o que a Xunta de Galicia fuxe de asumir, a pesar de que trátase das súas competencias exclusivas. Un desleixo da Xunta que non se corresponde co seu “furor” á hora de reclamar fondos estatais extraordinarios para cubrir os gastos da pandemia. Regades anunciou o comezo de iniciativas, a distintos niveis, para obrigar á Xunta a poñerse do lado dos concellos “porque neste momento tan delicado cooperar cos concellos é cooperar coas galegas e galegos”.


O colectivo de alcaldesas e alcaldes considera urxente que a Xunta de Galicia garanta o comezo do curso escolar cun protocolo claro e no que quede ben claro que o Goberno galego asume as súas obrigas sen derivalas a unhas Entidades Locais que xa están asfixiadas por competencias impropias que foron consolidándose ao longo dos últimos anos, mesmo a través da aprobación de leis autonómicas invasivas, en materia de emerxencias, benestar social, protección contra os incendios, benestar animal ou infraestruturas hidráulicas, entre outras cousas.


As alcaldesas e alcaldes do PSdeG-PSOE valoraron tamén reclamar do Goberno de España que tome medidas para garantir que o reparto dos fondos europeos que se vai producir nos próximos tres anos inclúan mecanismos que garantan que esa inxección económica chegue aos concellos, que son os auténticos promotores das políticas que solucionan os problemas reais da cidadanía, e non volvan quedar retidos nunha Xunta de Galicia que fai un gasto opaco e pouco transparente ao tempo que está inmersa nunha “derivada de transferencias irregulares e sen financiamento algún aos concellos”.


Os responsables municipais socialistas indicaron tamén que chegou o momento de elevar a voz para denunciar o deterioro da Sanidade pública, que, lonxe de mellorar, mesmo está agravándose de xeito exponencial durante a pandemia de covid-19, como reflicte o feito de que as citas previas na Atención Primaria se teñan dilatado en toda Galicia máis alá dos 20 días na práctica totalidade dos centros de saúde.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.