VIGO
Titulados en Arte Dramática denuncian a exclusión dos seus estudos de máster de profesorado
Piden que deixe de existir intrusismo laboral na educación pública e sexan aceptados nestes estudos
Os titulados en arte dramática non poden ter o título habilitante para dar clase na Ensinanza Obrigatoria e Bacharelato porque a Universidade de Vigo os discrimina e exclúe das súas listas de maneira definitiva.
Este é o problema que se atoparon varios profesionais das artes escénicas, como Alba Outeda e Raquel Ferraz, actrices que querían ampliar a súa formación para poder ser docentes da materia de artes escénicas na ESO e Bacharelato. “Non entendemos que se nos peche as portas para estudar un master coma este que é fundamental para poder dar clases nos institutos” sinala Outeda que considera “unha traba máis para que os profesionais das artes poidamos impartir as materias que nos corresponden na ensinanza pública”. Isto foi o que lle explicou ao presidente Feijóo nunha carta remitida a semana pasada.
A Universidade de Vigo remitese a memoria do Máster como resposta da súa negativa ós afectados. Dito documento inclúe á Titulación en Arte Dramático como unha das vías que dan acceso a estudar a especialidade de Artes deste máster pero na resolución de prazas exclúese de xeito definitivo a quen posúe dito título.
Na actualidade, existe un bacharelato de artes escénicas en moitos institutos de Galicia na que as materias específicas en arte dramática son impartidas por profesores de música ou de lingua e literatura. “Non ten sentido que se impartan clases de artes escénicas por docentes que non teñen formación na materia porque é coma se un veterinario dese clase de literatura” subliña a actriz Raquel Ferraz, afectada pola exclusión da UVigo. “Reivindicamos que se nos inclúa nestes estudos e deixe de existir intrusismo profesional na ensinanza pública por parte de quen non ten formación para elo”, conclúe.
Dende a Asociación de Estudantes de Arte Dramática (AESAD) creen que “esta é outra máis das trabas que se atopan os titulados de arte dramática para integrarse no mercado laboral e un reflexo do pouco cariño que existe as nosas artes por parte das institucións”. Ademais, como veñen reivindicando dende hai anos, queren a integración das ensinanzas artísticas na universidade “non só para dar o lugar que merecen ós estudos de arte dramática”, senón tamén “para evitar que se nos pechen as portas en postos públicos, como a docencia en institutos de materias específicas da nosa profesión”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.191