CINE - TV
"A illa das mentiras” participará no Festival de San Sebastián
A sección Made in Spain recolle unha selección dos filmes españois máis significativos do ano
Inspirada libremente en feitos reais. A madrugada do 2 de xaneiro de 1921, o buque Santa Isabel, con destino Bos Aires e 260 persoas a bordo, afundiu fronte á dura costa da illa de Sálvora, en Galicia. A falta de homes na illa tres mulleres, María (Nerea Barros), Josefa (Victoria Teijeiro) e Cipriana (Ana Oca), deciden ir ao rescate salvando a 48 persoas, un acto heroico que pagarán ben caro.
Un xornalista arxentino, León (Darío Grandinetti), acode a Sálvora para cubrir a noticia do naufraxio. Pouco a pouco irá descubrindo que esa noite se produciron demasiadas casualidades na illa, chegando incluso a sospeitar que o naufraxio puido ter sido provocado. Namentres, xa nada será igual. O naufraxio sacudirá e cambiará para sempre a vida da illa.
A illa das mentiras é unha coprodución entre a produtora galega Agallas Films, a vascaHistorias del Tío Luis, a arxentina Aleph Cine e a portuguesa Take 2000. Conta coa participación de TVG, RTVE e ETB, e co apoio de AGADIC, Governo Vasco, ICAA, INCAA arxentino, ICA portugués, Programa Ibermedia, Concello de Riveira eDeputación da Coruña. Filmax ocúpase da súa distribución nacional e internacional.
A illa das mentiras pódese ver en Filmin dende o pasado 24 de xullo

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184