MOS
O BNG pide "medidas para o inicio do curso escolar"
Dende o BNG explican que o inicio do curso escolar está a ser convulso pola situación da COVID, as administracións teñen unha responsabilidade non só coa saúde pública se non que tamén coa educación. A volta a clase debe ser segura e funcional para garantir a saúde do alumnado e o profesorado e o dereito a educación. "Dende o BNG de Mos pedimos ao goberno municipal que tome a seguintes medidas para que o inicio de curso sexa o mellor posible, se ben é certo que moitas medidas non corresponden ao concello ao non ter competencias directas en educación si que pode trasladarllas á Consellería e premer para que se adopten"
Así piden entre outras: "elaborar por parte do concello un listado de locais e edificios públicos para poñer a disposición dos centros de ensino e a Consellería de Educación para que se así o consideran empregalos para a actividade escolar. Reforzar o persoal de limpeza non só ampliando as horas se non contratando mais persoal para facer unha limpeza dos centros efectiva. Reforzar o persoal de de mantemento dos centros escolares. Nesta situación é moi importante que calquera incidencia de mantemento como pode ser o mal funcionamento dun baño debe ser arranxado canto antes, por iso é necesario contar con mais persoal de mantemento. O transporte escolar tamén debe ser ampliado para que os autobuses non se convertan en focos de contaxio pola aglomeración, isto no rural é un elemento fundamental pois o transporte escolar é básico. O comedor escolar e a aula madruga poden perder unha parte importante de usuarios por esta situación. O concello debe compensar esta perda incrementando a subvención ás ANPAS para que non se deixe de prestar este servizo. Unha das medidas que se adoptan é o uso obrigatorio das máscaras para nenas e nenos de mais de 6 anos. Inda non está claro se estas máscaras van ser subministradas pola Xunta ou van ter que ser asumidas polas familias co custe que iso pode supor, de ser así o concello debería subministrar a cada alumna e alumno matriculado una par de máscaras hixiénicas homologadas e reutilizables. Os centros necesitan melloras nas infraestruturas, como patios cubertos e mellora das instalacións. Inda que estas non poden ser acometidas para antes do inicio de curso deben ser afrontadas de igual xeito porque a situación pode alongarse no tempo e estas melloras son necesarias. A mellora da conexión a internet no concello é fundamental para que en caso de que se volvan a facer clases telemáticas. De nada serve ter o ordenador se non se pode conectar a unha aula virtual por mala conexión, por iso que o concello e a Xunta deben mellorar esa conexión. A creación a figura da enfermeira/o escolar. Esta figura sen COVID xa era moi necesaria pero na situación actual é imprescindible".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11