Domingo, 01 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 04 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Cerca de 700 cans de tres países participarán nas competicións de beleza canina

CONCORRERÁN ESTA FIN DE SEMANA A DÚAS EXPOSICIÓNS NACIONAIS E UNHA INTERNACIONAL CUXO OBXECTIVO É RECOÑECER AOS MELLORES EXEMPLARES PARA A CRÍA

Preto de 700 cans de España, Portugal e Inglaterra participarán esta fin de semana, os días 5 e 6 de setembro, nas tres competicións de beleza caninas que terán lugar no ring verde do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA.

 

Estas probas, que son a 93ª e a 94ª Exposición Nacional Canina  Feira Internacional de Galicia ABANCA e a 41ª Exposición Internacional Canina  Feira Internacional de Galicia ABANCA, son citas de máximo nivel, xa que as Exposicións representan a categoría máis alta dentro deste tipo de concursos.

 

Organizadas pola  Sociedade Canina  Galega, teñen como obxectivo buscar aos exemplares máis semellantes aos estándares da Federación Cinológica Internacional (FCI) e así recoñecer aos mellores exemplares para a cría. Para isto, xulgarase a morfoloxía, movementos e carácter dos cans.

 

As categorías destes concursos serán “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven”, “Intermedia”, “Aberta”, “Veterana” e “Traballo”, esta última para cans de utilidade e caza que teñen certificado de traballo. Tamén contará coa categoría de “Campións”, na que poderán participar aqueles exemplares que teñan algún título de campión. Ademais, os participantes nas anteriores categorías poden competir en “Parellas” e en “Grupo de Cría”.

 

Nos concursos premiarase ao mellor can de cada raza en “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven” e “Adulto”, os cales irán á final de grupo. Hai once grupos dos que sairán outros tantos gañadores, un por grupo. Entre estes once gañadores elixiranse os mellores do concurso, o  Best  in Show en “Moi Cachorros”, “Cachorros”, “Xoven”, “Veterano” e “Razas Españolas”. O campión absoluto será o  Best  in Show de Adultos.

 

Así mesmo, tanto nas Exposicións nacionais como na internacional obterán puntos para o Campionato de España e o Campionato Internacional.

[Img #64615]

Por outra banda, estas competicións puntúan para Mellor Can do Ano en Galicia dos Socios da  Sociedade Canina  Galega, campionato para os membros desta entidade que comeza o día 1 de xaneiro e finaliza co último concurso do ano.  Ademais, serven para seleccionar aos cans que serán convidados á Gala TOP32, na cal se convida aos 32 cans que obtiveron máis méritos durante todo o ano anterior nas exposicións e concursos que celebra a entidade en Galicia. Dado que este evento ten lugar na primeira exposición do ano seguinte, os seleccionados este ano participarán na Gala TOP32 do 2021.

 

Máximo de acompañantes e carpa propia

A  Sociedade Canina  Galega estableceu un protocolo anticovid para garantir a seguridade de todos os asistentes a estas Exposicións, cuxa entrada será libre. Así, ademais da obrigatoriedade do uso de máscara e a disposición de  hidroxel en distintas zonas, os participantes deberán levar carpa propia e terán limitado o número de acompañantes por can.

 

Por outra banda, no ring establecerase un circuíto de entrada e outro de saída, ademais de colocar carteis lembrando as recomendacións de gardar a distancia tanto entre os asistentes como entre os participantes e de non felicitarse polos resultados mediante xestos que impliquen contacto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.104

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.