Miércoles, 08 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 14:02:58 horas

Xornal21.es
Viernes, 04 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
PONTEAREAS

O PP denuncia que o Goberno quere incautar 6,6 M€ dos concellos do Condado-Paradanta

Presentan mocións en todos os concellos da provincia e na Deputación de Pontevedra para instar ao Goberno central que non se apropie dos recursos das entidades locais e que sexan os propios concellos quen poidan usar o 100% dos seus remanentes

O Partido Popular denunciou esta semana en Ponteareas que o Goberno central quere apropiarse de máis de 6,6 millóns de euros dos aforros dos concellos do Condado-Paradanta, de xeito unilateral e sen o consenso cos alcaldes. Os deputados provinciais Jorge Cubela, Miguel Domínguez e Alejandro Lorenzo, xunto aos alcaldes do Covelo e Mondariz-Balenario, Pablo Castillo e Jose Antonio Lorenzo, e voceiros dos concellos desta comarca, lamentaron esta decisión e por iso anunciaron mocións en todos os concellos da provincia e na Deputación de Pontevedra para instar ao Goberno que non se apropien dos recursos das entidades locais, e que sexan os propios concellos os que poidan usar o 100 por cento dos seus remanentes.

 

Así o explicou Jorge Cubela, que destacou a “total oposición” dos grupos municipais e do grupo provincial á aprobación deste real decreto, unha “decisión que vai contra o que os concellos sempre defendemos, que é que a boa xestión se prime”. Coa incautación dos aforros aos concellos, explicou o popular, os concellos do Condado-Paradanta van deixar de xestionar máis de 6,6 millóns de euros, que poderían destinarse para obras, para novos servizos, para política social ou mesmo para amortizar débeda.

 

Nesta mesma liña tamén incidiu o deputado e voceiro local do PP na Cañiza, Miguel Domínguez, que salientou que “estes cartos non deixan de ser os aforros dos concellos e dos seus veciños, conseguidos grazas á boa xestión municipal”. Dos 6,6 millóns de euros, 4,2 serían dos concellos do Condado e 2,4 de Paradanta.

 

"O PP non vai cruzarse de brazos ante a incautación dos aforros dos  Concellos", apuntou Cubela, "Falamos de 6,6 millóns nesta comarca e máis de 25 millóns na Deputación de Pontevedra".

 

Por iso, tamén criticaron a postura de Abel Caballero, que como presidente da FEMP, exerceu o seu voto de calidade para que o Goberno incaute estes cartos e romper así, por primeira vez, o consenso dos alcaldes. “Non hai ningún antecente de ruptura deste consenso”, apuntaron.

 

Proposta

Os populares solicitarán o apoio expreso dos concellos e da institución provincial ao recurso de inconstitucionalidade que o Grupo Popular no Congreso dos Deputados presentará contra a Real Decreto-Lei 27/2020 para defender os intereses de todas as entidades locais e os aforros dos veciños e veciñas, así como o seu rexeitamento ao procedemento negociador que o Goberno de España mantivo coa FEMP para chegar a un acordo dese unha "apariencia" de apoio unánime das entidades Locais ao decreto.

 

Así mesmo, instarán a solicitar aos órganos dos competentes da FEMP a reprobación do seu presidente, Abel Caballero, e a mostrar o seu profundo rexeitamento a calquera medida do goberno de España tendente a apropiarse dos aforros acumulados pola cidadanía.

 

A proposta do PP insta o Goberno de España a atender as demandas dos concellos para que poidan dispoñer do 100% dos seus remanentes de tesourería para a loita contra os efectos negativos da COVID-19, levando a cabo para ese efecto as modificacións legais que resulten pertinentes. E en todo caso, a respectar e garantir a autonomía que a Constitución Española e as súas leis outorgan ás entidades locais para a xestión dos seus recursos.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.