GALICIA
Sanidade establece o uso obrigatorio de máscara nos ximnasios en toda Galicia
O titular da Xunta reuniuse esta mañá por videoconferencia co comité clínico de expertos sanitarios
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe nunha nova reunión do comité clínico de expertos sanitarios que asesora á Xunta na xestión da crise da Covid-19, no que un dos puntos centrais que se abordou foi a situación dos centros sociosanitarios, ademais da decisión de estender a toda Galicia o uso obrigatorio de máscara nos ximnasios, que xa se tiña establecido a pasada semana para aquelas zonas con especiais restricións.
Zonas con especiais restricións
O comité decidiu tamén elevar do 50% ao 75% os aforos en terrazas naquelas zonas con especial restricións. Sobre este punto precisou que Santiago, Ourense, Carballo e A Laracha mantéñense esta condición, ao igual que o concello de Lugo, cuxos datos na Milagrosa permite ao barrio volver ao mesmo nivel de restricións que o resto da cidade.
O comité estende as restricións de aforos ao Concello de Pontevedra e redúcense en Santa Comba, Arteixo e barrios da Coruña
Así mesmo, o comité tomou a decisión de incorporar ao concellos de Pontevedra e Ponteceso dentro das zonas con especiais restricións. E á vista da evolución dos datos, acordou, pola contra, levantar as limitacións nos concellos de Santa Comba, Arteixo e nalgúns barrios da Coruña onde a afectación ten baixado e a evolución é boa.
Ademais do aforo do 75% en terrazas, cómpre recordar que entre as medidas que teñen que adoptar os concellos con especiais restricións atópase a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais está prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros; a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto, ademais do peche dos centros de día e residencias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87