O PORRIÑO
Seis mortos no Porriño en accidentes laborais no que levamos de ano
O Concello "preocupado” pola escalada de sinistros laborais
O Concello do Porriño amosa a súa “grave preocupación” pola escalada de accidentes laborais con saldo mortal que están a acontecer este ano en empresas radicadas neste termo municipal. Preto de media ducia de vítimas no que levamos de 2020, sumando o falecemento dun traballador dunha empresa de granito no polígono das Gándaras, ocorrido o martes. Como nos casos anteriores, dende a Alcaldía, a súa titular, Eva García trasladou as condolencias do Concello por este doloroso suceso.
Pola súa banda, David Alonso, concelleiro de Emprego expresou a inquedanza do goberno municipal por esta vaga de sinistros e lembrou que dende a administración municipal e a través de “Porremprego”, realízanse cursos de formación en seguridade e prevención de riscos laborais de xeito gratuíto.
“Non obstante semella que cumpre reforzar eses programas de formación en estreita colaboración e coa implicación das empresas para poñer freo a esta sucesión de accidentes laborais”, manifestou o concelleiro de Emprego.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126