O PORRIÑO
Aprazamento do Festival Canteira Fest 2020
Dende a Organización do Canteira Fest, veñen de anunciar "o aprazamento do Canteira Fest 2020, que tería que ter lugar o vindeiro 18 e 19 de Setembro".
Dende a Organización do Canteira Fest, aseguraban que "intentamos que este ano non fose un ano baleiro de actividade cultural no noso concello. Criamos que era necesario facer unha aposta pola cultura e polas traballadoras de este eido. Xa trasladamos esta información as artistas que nos ían acompañar este ano, as que agradecemos a súa resposta de ánimo e agradecemento".
"Foron moitas as veciñas, artistas, produtoras e persoas que seguides ao noso Festival, as que nos fixéstesdes chegar mensaxes de ánimo e forza para continuar cun proxecto como este, para o próximo ano. E por iso, que xa avanzamos as artistas a intención de manter o cartaz para a edición do 2021, que terá lugar o 17 e 18 de Setembro" sinalan.
Ademáis engaden que "a decisión de suspender o Canteira Fest 2020 ven motivada por varias cuestións. En primeiro lugar, a situación financeira na que nos atopamos tras coñecer a contía concedida pola Deputación de Pontevedra a nosa asociación no programa de subvencións a espectáculos de música e artes escénicas. O Canteira Fest do 2020 está valorado nun total de 20.000€ dos cais, solicitamos a Deputación de Pontevedra 10.050€ dos cais se nos concede 3150€. Pese a ter recadado unha suma importante das nosas empresas patrocinadoras, ás que queremos dar as grazas publicamente, para poder realizar o festival, precisaríamos unha maior aposta pola cultura das institucións publicas. Tamén agradecer a colaboración do concello de Vilaboa e o apoio nesta decisión que acabamos de tomar".
Por outra banda, tamén culpan a Xunta asegurando que "a responsabilización por parte da Xunta de Galiza nas persoas que organizamos eventos de este tipo, no caso que se dera un surto de coronavirus no festival, con penas punitivas elevadas, xunto ao número de surtos xurdidos nestas últimas dias no noso Concello, xa que somos unha asociación de mozas voluntarias, convirtese noutro dos motivos que nos leva a tomar esta decisión".

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126