Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 11 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Dimite a equipa directiva do IES de Mos

Segundo unha nota de prensa publicada fai escasos minutos polo BNG de Mos "dirección do Instituto que vén de presentar a súa dimisión".

 

O BNG de Mos a través deste comunicado, ven de amosar o seu "total apoio á equipa directiva do IES de Mos que vén de presentar a súa dimisión, así como a todo o persoal docente e non docente (de administración, limpeza, conserxes, bedeis, etc.)".

 

"Levamos denunciando, dende hai varias semanas a improvisación e o abandono de funcións por parte da Xunta de Galiza e da Consellería de Educación. Dende o goberno galego pretenderon facer recaer sobre os centros educativos e o profesorado non só a responsabilidade de educar, senón tamén a de garantir a súa seguridade e a súa saúde. Todo isto, sen recibir nin o máis mínimo apoio dende as administracións, nin a través dun reforzo de persoal nin en forma de recursos materiais. O nivel de improvisación é tal, que en apenas tres semanas a Xunta modificou as condicións do inicio escolar ata en tres ocasións. Por mor desta falta de planificación, foi preciso atrasar o inicio do curso nos centros de secundaria unha semana" explican os nacionalistas mosenses.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.