Miércoles, 18 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 11 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

Mos dota a todo o alumnado e profesorado de pantallas protectoras

Representantes da empresa DEMSU e de AEMOS, xunto coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a concelleira de Educación, Julia Loureiro, estiveron presentes esta mañá no acto de entrega de pantallas protectoras aos estudantes mosenses con motivo do inicio do novo curso escolar 2020-2021.

 

Deste xeito Mos convértese en concello pioneiro en dotar a todos os seus estudantes e profesores dunha máscara protectora. As pantallas entregadas están deseñadas e fabricadas no municipio, con certificación europea COVID-19/ EPI e resultan as máis completas e cómodas do mercado.

 

Os e as estudantes dos 5 centros educativos de infantil e primaria e do instituto do Concello de Mos, e os seus profesores e profesoras, son beneficiarios do agasallo de preto de dous milleiros de máscaras protectoras. DEMSU, empresa situada no municipio e dedicada ao deseño e fabricación de moldes de inxección, principalmente para o sector da automoción, realiza a doazón grazas a un acordo co Concello.

 

A entrega tivo lugar esta mañá no patio de recreo do colexio de Petelos a unha aula de 2º curso de Educación Primaria.

 

A Covid19 supuxo a reorientación dunha liña de produción de DEMSU para dedicala a realizar equipos de protección persoal (EPI). O resultado foron estas máscaras que pola súa dimensión, peso e capacidade de fixación á cabeza das persoas usuarias resultan as máis completas do mercado, xa que non pesa, non aperta e non se embaza.

 

O deseño e fabricación, completamente galegos, convértena no complemento idóneo para garantir as actividades persoais baixo as condicións que deben observarse na nova normalidade.

 

As máscaras fabricadas por DEMSU naceron no seu propio laboratorio de I+D e cumpren todas as condicións sanitarias e de calidade, garantidas pola normativa europea UNE 166:2002. Fabrícanse en varias cores para facilitar os grupos burbulla ou de traballo, e dispoñen de versións para público adulto e infantil. As pantallas protectoras destacan ademais polo seu alto nivel de confort, xa que o peso resulta mínimo e o agarre á cabeza é dobre. Ademais, é lavable con auga e xabón. A pantalla protectora ademais da parte frontal da cara, chega ata os oídos, o que garante a máxima protección. A distancia de separación da cara e as súas diademas axustables tamén lle confiren unha alta operatividade.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.