SALCEDA DE CASELAS
Os tres sindicatos de traballadores do concello denuncian “acoso”
Empregados municipais e sindicatos concentraranse este mércores 16 diante das portas do Concello de Salceda de Caselas en resposta ao que consideran trato "caciquil e vingativo"
O vindeiro mércores día 16 de setembro entre as 11:00 e as 11:30 da mañá, haberá unha concentración diante do Concello de Salceda de Caselas convocada polos empregados municipais e os sindicatos con representación na Mesa Xeral de Negociación (CCOO, CIG e CSIF).
O motivo desta mobilización é un Expediente Disciplinario, aberto a un funcionario municipal "da maneira máis caciquil e vingativa que se pode facer, de forma totalmente inmerecida, tal e como queda de manifesto na proposta de resolución do mesmo; pero que vai ser finalmente sancionado coa suspensión das súas funcións por un período de tempo determinado" explican os representantes dos tres principáis sindicatos de traballadores do Concello de Salceda de Caselas.
No expediente o Equipo de Goberno “obvia” a proposta de resolución das instrutoras, nomeadas por eles mesmos para tal fin (e que son a Secretaria Municipal e unha funcionaria da Deputación de Pontevedra), que no seu ditame exoneran ao funcionario en cuestión, dándolle a razón en todo o seu proceder e afirmando textualmente:
“No existió desobediencia por parte del empleado público. Tampoco existió negligencia. La conducta que observo ha de calificarse como de responsable con la Administración Pública, basada en un acusado celo profesional”
Para os sindicatos "nin o Equipo de Goberno, nin a nova responsable de persoal, fixo o menor xesto en manter unha xuntanza coa parte social informando do transcurso do expediente, e polas bravas, resolve o mesmo contratando un avogado de Madrid, para que elabore un ditame “a carta” e así poder castigar severamente ao funcionario coa suspensión de funcións".
"Consideramos por tanto a situación coma de ACOSO ao traballador, que coma outros e outras compañeiros/as, leva aguantando situacións vexatorias dende hai tempo, coas consecuencias graves que isto ten na súa saúde. Este Goberno Municipal non quere ter unha administración profesionalizada, eficaz e eficiente, que dignifique os servicios públicos e o servizo a cidadanía, sen intoxicacións, manipulacións partidistas ou clientelares. Pola contra, o que pretenden, é ter traballadores en precario e asustados, cando a independencia destes e a mellor garantía de servizo para os cidadáns de Salceda. Por iso rexeitamos o descrédito que buscan, pois confunden a xestión do persoal co vasalaxe político e caciquil de tempos xa esquecidos" engaden no comunicado de prensa emitido polos representantes dos traballadores
.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218