CINE - TV
Celso Bugallo porá a súa voz na película “Os demonios do meu avó”
O actor galego Celso Bugallo, gañador dun premio GOYA pola súa actuación na película “Mar adentro” de Alejandro Amenábar, porá a súa voz a un dos personaxes da película de animación stop-motion “Os Demonios do Meu Avó”. Será os días 15 e 16 de setembro en Lisboa.
“Os Demonios do Meu Avó” conta a historia de Rosa, unha muller na trintena que se reencontra coas súas orixes a través das cartas e enigmas que lle deixa o seu avó recentemente falecido, e que a irán guiando por un mundo poboado por criaturas fantásticas e animais silvestres.
Ademais de Celso Bugallo, tamén participan nas voces do filme importantes actores portugueses e os galegos: Isabel Naveira ou Luis Iglesia.
Dirixida por Nuno Beato, a película é unha coprodución internacional na que están involucradas produtoras de Galicia (Parrocha Studio), País Vasco (Basque Films), Francia (Marmita Films) e Portugal (Sardinha em Lata).
Á fronte da produción en Galicia está Xosé Zapata, promotor da firma ParrochaStudio, situada no centro de Arteixo, e que está dedicada á fabricación de monecos para películas stop-motion. Xosé Zapata é un recoñecido produtor con más de vinte años de experiencia no sector e que destaca pola súa participación en obras de animación como Buñuel no laberinto das tartarugas.
“Os Demonios do Meu Avó” conta coa participación de Televisión de Galicia e o apoio de AGADIC-Xunta de Galicia, así como do Ministerio de Cultura-ICAA de España, ICA-Portugal e do CNC de Francia.
Datos do evento
Data: 15 e 16 de setembro
Lugar: Sardinha em Lata. Avenida Óscar Monteiro Torres, 55C – Lisboa (Portugal)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.184