Vigo
Caballero pide “feitos” a Núñez Feijóo
Para o PP "Abel Caballero volve saír á palestra enfrontándose ao presidente da Xunta"
Abel caballero cualificou como “decepcionante” a resposta do presidente da Xunta á carta na que o alcalde lle trasladaba 45 peticións para esta cidade. O rexedor afeou a Núñez Feijóo, entre outras cuestións, que na misiva inclúa a PLISAN ou a autovía do Morrazo como investimentos en Vigo
O alcalde deu conta e da recepción da resposta do presidente da Xunta á carta que el lle enviou o pasado 7 de setembro con 45 demandas para a cidade, asuntos que deberían abordarse neste mandato xa que algúns deles levan dez anos pendentes “sen obter resposta”. Na misiva, dixo, Núñez Feijóo fai votos ao diálogo pero “eu quero diálogo con feitos concretos”. Cualificou a carta de “decepción total e unha burla á cidade” xa que, unha vez máis, o presidente da Xunta limítase á anunciar que enviará as 45 peticións ás consellerías correspondentes, tal e como veu facendo os últimos dez anos, sen que se producira avance algún.
Respecto ás supostas inversións autonómicas que se recollen no texto, Caballero cualificou de “chamativo” que se inclúa a PLISAN -situada a 35 km da cidade; a autovía do Morrazo ou un centro de saúde na rúa Taboada Leal, onde non hai nin proxecto nin espazo para construír un centro de atención primaria. Tamén se referiu á depuradora, na que a Xunta recupera a súa inversión a través do canon da auga ou ao hospital Álvaro Cunqueiro, onde o goberno autonómico nin sequera quere vender o terreo onde o Concello quere construír un segundo aparcamento gratuíto.
Pola súa banda o portavoz do grupo municipal do PP, Alfonso Marnotes, lamenta que Abel Caballero só pense en si mesmo e esquézase de que a Xunta de Galicia é a administración que máis inviste en Vigo. “Quedou desautorizado tras o fracaso do seu intento de entregar os aforros dos concellos ao goberno de Pedro Sánchez e volve saír á palestra enfrontándose ao presidente da Xunta”, afirma Marnotes.
“Na súa carta reproduce o de sempre e obvia que a Xunta de Galicia investiu 1.000 millóns en dez anos, con obras como o hospital público Álvaro Cunqueiro, a estación intermodal, a depuradora do Lagares, a Cidade da Xustiza, o novo centro de saúde de Bouzas, vivendas públicas, o albergue de peregrinos ou a reforma do hospital Meixoeiro, entre outras”, engadiu o portavoz popular.
“É un mentireiro e manipulador e deféndese a si mesmo. Non esquecemos que bloqueou a construción de 1.600 vivendas en Navia ata que pasaron as eleccións autonómicas. E os vigueses xa non lle rimos as grazas. Sería bo que o alcalde recoñecese que Alberto Núñez Feijóo volveu a gañar por cuarta vez e con maioría absoluta. E sería bo que recoñecese que Alberto Núñez Feijóo gañou en Vigo. Pero está claro que estes datos os obvia, manipulando, unha vez máis, a realidade e tratando de enganar aos cidadáns”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61