Martes, 17 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 20 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
Mos

A Policía Local contará en outubro cun novo furgón de atestados

Imaxe da recenrte entrega do coche modelo ‘Suv’ ECO híbridoImaxe da recenrte entrega do coche modelo ‘Suv’ ECO híbrido

A Policía Locald e Mos contará cunha nova furgoneta totalmente equipada para atestados, que estará financiada grazas á subvención da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia. A axuda autonómica concedida para a adquisición deste furgón de atestados ascende a case 32.000 euros, 31.832,52 para ser exactos.

 

Estímase que a furgoneta de atestados recibirase aproximadamente a principios do vindeiro mes de outubro e é un vehículo ECO eléctrico que cubrirá as necesidades operativas e de autonomía da Policía, posto que debido á gran dispersión poboacional pode ter que realizar ao día máis de 400 quilómetros para atender as diferentes necesidades e denuncias veciñais. Polo que precisaban dun vehículo de baixo consumo.

 

O vehículo está dotado dunha oficina ambulante na cal poder redactar atestados sobre verteduras, distancias de malezas…. cun posto de oficina formado por un asento para o axente redactor do atestado cunha mesa, así como unha parte reservada para, ou ben o denunciante ou ben o denunciado, dependendo das peculiaridades de cada actuación. O posto do axente estará provisionado cun equipo multitarea e unha impresora, así como dos habitáculos e espazos necesarios para poder levar os diferentes útiles, non só de oficina senón tamén todos os necesarios para levar a cabo todo tipo de medicións e comprobacións.

 

A Policía Local de Mos, dispoñía xa ata o de agora de 2 coches policiais e 1 motocicleta (tamén subvencionada pola consellería de Presidencia da Xunta xunto con outro dos 2 coches cos que xa contaba a Policía) cos que se realizan as tarefas de vixilancia. Ante o interese deste Concello na loita contra o cambio climático reducindo a emisión de CO2, adquirirase unha furgoneta ECO eléctrica de atestados que reúne as condicións necesarias tanto de espazo interno, equipamento e consumo ecolóxico.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.