Viernes, 27 de Febrero de 2026

Actualizada Viernes, 27 de Febrero de 2026 a las 18:55:18 horas

Redacción / Xornal21.es
Viernes, 18 de Septiembre de 2020 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Contacontos infantís na Bilioteca Municipal de Nigrán

A Bilioteca Municipal de Nigrán ofrece desde este venres e ata o 8 de outubro catro sesións de contacontos infantís a través do programa de dinamización á lectura 'Ler conta Moito'.  Por cuestións de seguridade sanitaria este ano terán lugar todos no Auditorio Municipal e será imprescindible a incrición previa na propia biblioteca, no correo nigran.rbgalicia@eidolocal.es ou no 986383979.

 

O ciclo comezará este venres 18 ás 18:00 horas (todos serán a esa mesma hora) a cargo de 'Donde viven los cuentos' coa sesión 'Daniela Pirata e as mozas pirata', dirixido a crianzas de 4 a 8 anos. Trátase dun contacontos interactivo baseado no conto “Daniela y las chicas pirata” de Susana Isern, segunda de parte de “Daniela Pirata”. A nosa pirata preferida, Daniela, vivirá unha nova aventura co Caimán Negro. Nesta ocasión, coñeceremos ás Pirañas Intrépidas, un equipo de piratas mulleres que conseguirán cumprir as misión de Daniela con máis rapidez e eficacia. Daniela tratará de competir con elas para darse conta ó final de que xuntas son mellores. Unha aventura de cooperación trepidante. Na actividade os nenos acompañarán a Daniela na súa viaxe e experimentarán todas as dificultades que deberá superar.Para iso, xogarán, bailarán e se emocionarán nunha nova aventura pirata con valores moi actuais.

 

O venres 25 continúa con 'Unha viaxe para cantar e contar' tamén a cargo de 'Donde Viven los cuentos' e para idades de 0 a 5 anos. Este contacontos é unha viaxe polos sentidos. A través de diferentes contos e xogos con teas, obxectos, luces, sons e música, os máis cativos irán recorrendo na súa barquiña unha chea de illas nas que viviremos aventuras trepidantes o mesmo tempo que aprenderemos conceptos como: as cores, os números, as formas, as partes do corpo.

 

A terceira sesión será o xoves 1 de outubro con 'Cinema Marabillas. Ver para ler', a cargo de Raquel Queizás e para crianzas a partir de 5 anos. Descubriremos a amizade entre o cine e a literatura infantil e xuvenil. Gozaremos coa proxección de fragmentos das primeiras adaptacións cinematográficas inspiradas nos contos marabillosos e nos libros clásicos da literatura. O obxectivo e facerlles ver que esas historias que coñecen poden contarse de diferentes maneiras. Non faltará aventura, misterio, tenrura, maxia, fantasía e sobre todo moita imaxinación.

 

Finalmente, Raquel Queizás remata o ciclo con 'Travesías. Aventuras de libro' para crianzas a partir de 3 anos. Agardan por nós viaxes cheas de aventuras nas que coñeceremos a nenas e mulleres bravas que loitaron contra os prexuízos para conseguir os seus soños. Ata fai moi pouco tempo os contos infantís reflectían un mundo onde os mozos eran sempre os heroes que salvaban a unha débil princesa. E case nunca aparecían mozas decididas e resoltas. Pero agora podemos contar con contos que transmiten valores de igualdade, de respecto e convivencia entre nenas e nenos e entre mulleres e homes.

 

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.149

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.